The Island of Dr. Moreau é un filme de ficción científica baseado na novela de H. G. Wells A illa do doutor Moreau. Está dirixida por Don Taylor e foi estreada en 1977.

Sinopse Ano 1912. Andrew Braddock é un náufrago que foi parar a unha illa solitaria do Pacífico. Practicamente inconsciente, Braddock é rescatado do ataque duns estraños animais por Montgomery, un home do lugar que o leva a unha preciosa casa localizada no centro da illa. O dono da casa é o doutor Moreau, un científico que vive cunha moza chamada María. Braddock comeza a sentir curiosidade polo traballo do doutor, e vai descubrindo a finalidade dos experimentos do sinistro doutor, que trata de dar aparencia e comportamento humanos a unha serie de animais... Adaptación da novela de H. G. Wells.

En 1996 fíxose un remake, (The Island of Dr. Moreau), con Marlon Brando no papel do Dr. Moreau, aquí interpretado por Burt Lancaster.

Personaxes Actor Papel Burt Lancaster Dr. Paul Moreau Michael York Andrew Braddock Nigel Davenport Dr. Montgomery Barbara Carrera Maria Richard Basehart Sayer da Lei Nick Cravat M'Ling Fumio Demura Home-Hiena

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Don Taylor Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de científicos tolos Categoría:Filmes rodados nas Illas Virxes Estadounidenses Categoría:Filmes de monstros