Gustavo Gutiérrez Merino, nado en Lima o 8 de xuño de 1928 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 2024, foi un teólogo peruano, un dos artífices da Teoloxía da liberación.

Traxectoria Aqueixado dende a infancia de osteomielite, tivo que pasar períodos en cadeira de rodas e gardar cama. Estudou Medicina e Letras na Universdade Mayor de San Marcos en Lima. Militante de Acción Católica, as súas conviccións cristiás levárono a unha decidida loita social a prol da xustiza.

Estudou teoloxía na Universidade Católica de Lovaina e na Universidade de Lión. Tivo como profesores a Henri de Lubac e Yves Congar e tomou contacto con Hans Küng e Karl Rahner. Ordenouse sacerdote en 1959. Entrou na Orde dos Predicadores buscando seguir o espírito de pobreza e formación intelectual de Domingos de Guzmán.

Foi doutor honoris causa pola Universidade Yale e foi Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2003.

Pensamento Non pretendía realizar unha teoloxía universal e atemporal, senón un pensamento encarnado na realidade social de opresión dos desfavorecidos. Dende o Evanxeo, pero tamén dende o Antigo Testamento, fundou a opción preferencial polos pobres. A salvación cristiá é para o home íntegro tamén na súa dimensión sociopolítica. A súa teoloxía pretendía ser unha reflexión crítica e operativa enfrontada ás estruturas de dominación. O pecado tiña tamén unha dimensión social que debía ser combatida tal como fixo Xesús de Nazaret. Servíndose da análise económica e social do marxismo, diagnosticou unha situación e buscou unha resposta liberadora alimentada polo pulo moral que nacía da fe cristiá.

Aínda que unha parte da teoloxía da liberación foi censurada por Roma, Gustavo Gutiérrez, a diferenza de Leonardo Boff, nunca foi directamente condenado ou sancionado.

Premios e distincións En 2014 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa.

Obras Teología de la Liberación (1971) La fuerza histórica de los pobres (1979) Hablar de Dios desde el sufrimiento de los inocentes (1986) La verdad os hará libres (1989) Dios o el oro de las Indias (1989) El Dios de la vida (1989) En busca de los pobres de Jesucristo, el pensamiento de Bartolomé de Las Casas (1992)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Teólogos católicos Categoría:Premios Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades Categoría:Nados en Lima Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Dominicanos do Perú Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lovaina Categoría:Alumnos da Universidade de Lión Categoría:Activistas contra a pobreza