Cole David Aldrich, nado o 31 de outubro de 1988 en Burnsville, Minnesota, Minnesota, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Completou o seu ano júnior na Universidade de Kansas en marzo de 2010. Foi seleccionado na 11ª posición do draft da NBA de 2010 polos New Orleans Hornets.

NBA O 29 de marzo de 2010, Aldrich anunciou que ía entrar no draft da NBA de 2010, e saltarse o ano final de universidade. Foi a 11ª elección no draft, elixido polos New Orleans Hornets, que traspasaron os seus dereitos a noite do draft aos Oklahoma City Thunder. O 6 de agosto de 2010, Aldrich asinou un contrato cos Thunder por 2 anos, con opción a dous anos máis.Cole Aldrich signs with Thunder

O 24 de novembro de 2010, os Thunder enviaron a Aldrich aos Tulsa 66ers da NBA D-League. Foi chamado de volta o 6 de decembro, pero foi outra vez a Tulsa o 30 de decembro de 2010. Foi chamado de volta outra vez o 2 de febreiro de 2011, e asignado aos 66ers por terceira vez o 30 de marzo de 2011.http://www.usatoday.com/sports/basketball/nba/2011-03-30-3020320363_x.htm

O 27 de outubro de 2012, Aldrich foi traspasado ós Houston Rockets xunto a James Harden, Daequan Cook e Lazar Hayward a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.

O 20 de febreiro de 2013, Aldrich foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Patrick Patterson e Toney Douglas a cambio de Thomas Robinson, Francisco García e Tyler Honeycutt.

O 24 de setembro de 2013, asinou cos New York Knicks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves