''Para outros artigos referidos a persoas con nome e apelidos semellantes véxase a páxina de homónimos Stanley Robinson (homónimos)
Stanley Earl Robinson, nado en Birmingham, Alabama o 14 de xullo de 1988 e finado na mesma cidade o 22 de xullo de 2020, foi un xogador americano de baloncesto profesional. Robinson foi elixido na 59ª posición do draft da NBA de 2010 polos Orlando Magic. Xogaba de aleiro, e en ocasións de ala-pivote. Na Universidade xogou para os UConn Huskies.
O 16 de agosto de 2010, asinou un acordo dun ano para xogar cos Magic, con todo, Robinson foi cortado tras a conclusión do Training Camp en outubro. Na tempada 2011-12 asinou cos Iowa Energy da NBA Development League.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía UConn Perfil en NBADraft.net
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Birmingham, Alabama Categoría:Finados en 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores Iowa Energy