A Primeira División de Bélxica, oficialmente Jupiler Pro League por motivos de patrocinio, é a máxima categoría da liga de fútbol en Bélxica. Dispútase anualmente desde 1895. O equipo con máis títulos é o RSC Anderlecht, con 33 campionatos nas súas vitrinas.
Competición Hai 16 equipos na Jupiler Pro League. Durante cada tempada (desde agosto ata abril), cada equipo enfróntase dúas veces co resto, unha vez no seu estadio e outra na dos seus adversarios, nun total de 30 partidos por cada equipo. Ao final dos 30 partidos, procédese a xogar a segunda fase, que se divide en dous partes:
Os seis primeiros xogan o play-off polo título. Do 7º ao 14º lugar xogan un play-off para clasificar a Europa.
No caso do play-off polo título, cada equipo enfróntase dúas veces co resto, completando 10 partidos. Os dous primeiros clasificados xogarán a terceira rolda preliminar da Liga de Campións, mentres que o terceiro xoga a rolda de play-off da Liga Europa. O cuarto clasificado xogará contra o gañador do play-off europeo, por unha pasaxe á Liga Europa, especificamente á terceira rolda preliminar.
Os dous últimos clasificados xogarán un play-off para decidir quen dos dous descende de categoría.
Equipos participantes (2019/20) Equipo Cidade Estadio Capacidade Anderlecht Anderlecht Constant Vanden Stock Stadium 21.500 Antwerp Anveres Bosuilstadion 12.975 Cercle Brugge Bruxas Jan Breydel 29.042 Charleroi Charleroi Stade du Pays de Charleroi 14.000 Club Brugge Bruxas Jan Breydel 29.042 Eupen Eupen Kehrwegstadion 8.363 Genk Genk Luminus Arena 24.956 Gent Gante Ghelamco Arena 20.000 Kortrijk Kortrijk Guldensporen Stadion 9.399 Mechelen Malinas AFAS-stadion Achter de Kazerne 16.700 Mouscron Mouscron Stade Le Canonnier 10.571 Oostende Ostend Versluys Arena 8.432 Sint-Truiden Sint-Truiden Stayen 14.600 Standard de Liège Liexa Estadio Maurice Dufrasne 30.023 Waasland-Beveren Beveren Freethiel Stadion 8.190 Zulte Waregem Waregem Ragenboogstadion 12.500
Palmarés Equipo Títulos Tempadas RSC Anderlecht 34 1946–47, 1948–49, 1949–50, 1950–51, 1953–54, 1954–55, 1955–56, 1958–59, 1961–62, 1963–64, 1964–65, 1965–66, 1966–67, 1967–68, 1971–72, 1973–74, 1980–81, 1984–85, 1985–86, 1986–87, 1990–91, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1999–00, 2000–01, 2003–04, 2005–06, 2006–07, 2009–10, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2016–17 Club Brugge KV 17 1919–20, 1972–73, 1975–76, 1976–77, 1977–78, 1979–80, 1987–88, 1989–90, 1991–92, 1995–96, 1997–98, 2002–03, 2004–05, 2015–16, 2017–18, 2019–20, 2020–21 Union SG 11 1903–04, 1904–05, 1905–06, 1906–07, 1908–09, 1909–10, 1912–13, 1922–23, 1932–33, 1933–34, 1934–35 Standard de Liège 10 1957–58, 1960–61, 1962–63, 1968–69, 1969–70, 1970–71, 1981–82, 1982–83, 2007–08, 2008–09 K Beerschot VAC 7 1921-22, 1923–24, 1924–25, 1925–26, 1927–28, 1937–38, 1938–39 Racing de Bruxelles 6 1896–97, 1899–1900, 1900–01, 1901–02, 1902–03, 1907–08 RFC Liège 5 1895–96, 1897–98, 1898–99, 1951–52, 1952–53 Daring de Bruxelles 5 1911–12, 1913–14, 1920–21, 1935–36, 1936–37 R Antwerp FC 4 1928–29, 1930–31, 1943–44, 1956–57 KV Mechelen 4 1942–43, 1945–46, 1947–48, 1988–89 KRC Genk 4 1998–99, 2001-02, 2010-11, 2018-19 K Lierse SK 4 1931–32, 1941–42, 1959–60, 1996–97 Cercle Brugge KSV 3 1910–11, 1926–27, 1929–30 KSK Beveren 2 1978–79, 1983–84 KAA Gent 1 2014–15 RWD Molenbeek 1 1974–75
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da liga Web oficial da Federación belga de fútbol
Categoría:Ligas de fútbol de Bélxica Categoría:Ligas de fútbol de primeira división de Europa