Idrissa Akuna "Idris" Elba nado en Hackney (Londres) o 6 de setembro de 1972, é un actor inglés de televisión, teatro e cinema. Comezou a súa traxectoria en Estados Unidos. O seu papel máis coñecido é o de Russell "Stringer" Bell, un traficante de drogas que aspira a se converter nun home de negocios na serie The Wire.
Elba é tamén un DJ que traballa baixo o alcume de DJ Big Driis ou Big Driis the Londoner. Asemade, é cantante de hip hop e soul.
Traxectoria Fillo dun serraleonés e unha ghanesa, Idris medrou en Hackney, ó leste de Londres. Dende moi novo comezou a facer os seus primeiros traballos como DJ formando varios grupos con algúns amigos.
Ós dezaseis anos deixou a escola e entrou na National Youth Music Theatre. Simultaneamente, e para pagar a matrícula, traballou de DJ en varios clubs nocturnos e audicionou para pequenos papeis na televisión.
En 1992 comezou a facer papeis fugaces en dramas británicos ata que decidiu mudarse a Nova York. Xa nos Estados Unidos, actuou en pequenos papeis de cinema, entre eles Buffalo Soldiers (2001) con Joaquín Phoenix e Ed Harris. Tamén participou en videoclips de Fat Joe e Angie Stone.
Despois da súa aparición en Law & Order, formou parte do elenco da serie policial The Wire que deu un pulo importante á súa carreira. Despois, conseguiu papeis secundarios en filme como 28 Weeks Later, American Gangster e RocknRolla. Tamén participou en varios episodios da serie de Steve Carrel The Office no 2009.
No 2010 participou nos filmes The Losers e Takers ademais de protagonizar a serie Luther.
Filmografía Cinema Ano Título PersonaxeNotas 1999 Belle maman Grégoire Voz orixinal en francés 2000 Sorted Jam 2001 Buffalo Soldiers Kimborough 2003 One Love Aaron 2005 The Gospel Charles Frank 2005 Sometimes in April Augustin 2007 Daddy's Little Girls Monty James The Reaping Ben 28 Weeks Later Xeneral Stone American Gangster Tango This Christmas Quentin Whitfield 2008 Prom Night Detective Winn RocknRolla Mumbles The Human Contract Larry 2009 The Unborn Arthur Wyndham Obsessed Derek Charles 2010 Takers Gordon Cozier Legacy Malcolm Gray Produtor executivo The Losers Roque 2011 Thor Heimdall 2012 Ghost Rider: Spirit of Vengeance Moreau Prometheus Capitán Janek 2013 Pacific Rim Stacker Pentecost Thor: The Dark World Heimdall Mandela: longo camiño cara á liberdade Nelson Mandela 2014 No Good Deed Colin Evans Produtor executivo 2015 The Gunman DuPont Second Coming Mark Avengers: Age of Ultron Heimdall Beasts of No Nation Commandant 2016 The Jungle Book Shere Khan (voz) Bastille Day Sean Briar Finding Dory TBA (voz) Star Trek Beyond Krall Zootopia Chief Bogo (voz) 2017 The Dark Tower Roland Deschain
Televisión Ano Título PersonaxeNotas 1994 2point4 Children Instrutor de paracaidismo Episodio: "Fortuosity" Space Precinct Repartidor de pizza Episodio: "Double Duty" 1995 Absolutely Fabulous Hilton Episodio: "Sex" 1996 Crocodile Shoes II Jo-Jo Episodio: "Troubled Man" 1997 Family Affairs Tim Webster Silent Witness Charlie Episodio: "Blood, Sweat & Tears" 1998 Ultraviolet Vaughan Rice 6 episodios 1999 Dangerfield Matt Gregory 12 episodios 2000 In Defence PC Paul Fraser 1 episodio 2001 Law & Order Lonnie Liston Episodio: "3 Dawg Night" 2002 The Inspector Lynley Mysteries Robert Gabriel Episodio: "Payment in Blood" 2003 CSI: Miami Angelo Sedaris Episode: "The Best Defense" 2002–2004 The Wire Russell "Stringer" Bell 37 episodios 2005 Girlfriends Paul Episodio: "All in a Panic" 2005 Sometimes in April Augustin Muganza 2008 The No. 1 Ladies' Detective Agency Charles Gotso Episodio: "The No. 1 Ladies' Detective Agency" 2009 The Office Charles Miner 7 episodios 2010 The Big C Lenny 4 episodios Walk Like a Panther Produtor executivo 2011 Aqua Teen Hunger Force Oficial de policía VozEpisodio: "Intervention" 2010–2015 Luther DCI John Luther Produtor16 episodios 2011 How Hip Hop Changed the World Produtor executivo Demons Never Die Produtor executivo 2012 Idris Elba's How Clubbing Changed the World El mesmo Convidado 2013 Idris Elba: King of Speed El mesmo Convidado 2015 Idris Elba: No Limits El mesmo Convidado
Videoxogos Ano Título Personaxe Notas 2011 Call of Duty: Modern Warfare 3 SFC "Truck" 2014 FIFA 15 Voz en E3 Trailer Call of Duty: Advance Warfare SFC "Cormack"
Vídeos musicais Ano Artista Título PersonaxeNotas 2012 Mumford and Sons "Lover of the Light" Home cego Director e produtor Giggs Hustle On Condutor Produtor
Discografía Álbums 2015: Murdah Loves John (The John Luther Character Album)
EPs 2006: Big Man 2009: Kings Among Kings 2010: High Class Problems Vol. 1 2014: Idris Elba Presents Mi Mandela
Mixtapes 2011: Merry DriisMas Holiday Mixtape
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Entrevista
Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Hackney Categoría:Produtores de cinema de Inglaterra