A tempada 2005-2006 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 39 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 18 de setembro do 2005, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 9 de abril do 2006, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de UE Santboiana por sétima vez na súa historia.

O UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os tres equipos novos na categoría eran vellos coñecidos da máxima competición nacional de rugby: Ordizia, Liceo Francés e BUC, que ocuparon os lugares de Canoe, Arquitectura e Univ.Sevilla.

Esta tempada foi a primeira na que se empregou o sistema de puntuación do Super Rugby do hemisferio sur, que outorga 4 puntos por vitoria, 2 por empate, 0 por derrota, e 1 punto bonus cando ou se anotan mais de 3 ensaios ou se perde por menos de 8 puntos.

Equipos Equipo EstadioCidadeBarcelona Universitari Club Estadio da FoixardaBarcelonaClub Alcobendas Rugby Campo das TerrazasAlcobendasClub de Rugby El Salvador Campos de Pepe RojoValladolidClub de Rugby Ciencias Anexo ó Estadio da CartujaSevillaGetxo Rugby Taldea Campo de UrbietaGetxoOrdizia Rugby Elkartea Fernando TrevijanoOrdiziaClub de Rugby Liceo Francés Campo Ramón UrtubiMadridBera Bera Rugby Taldea Miniestadio de AnoetaDonostiaValladolid Rugby Asociación Club Campos de Pepe RojoValladolidUnió Esportiva Santboiana Baldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

Tempada 2005-2006 da Liga Española de rugbyEquipoPuntosXogadosGañadosEmpatesPerdidosBonus 1 Santboiana 75 18 16 0 2 11 2 El Salvador 73 18 15 0 3 13 3 BUC 55 18 11 0 7 11 4 Bera Bera 42 18 9 0 9 6 5 Getxo 39 18 8 0 10 7 6 VRAC 38 18 8 0 10 6 7 Ordizia 36 18 8 0 10 4 8 Liceo Francés 36 18 6 0 12 12 9 Alcobendas 35 18 7 0 11 7 10 Ciencias 12 18 2 0 16 4A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir 4 ensaios ou máis, e por perder por 7 puntos ou menos.

<<<< 2004/05 — Tempadas — 2006/07 >>>><noinclude>

Datos finais do campionato:

UE Santboiana conseguiu o campionato nacional de liga, con 75 puntos en 18 xornadas. Foi o 7º título de liga para o club. Os dous últimos clasificados, Alcobendas e Ciencias, descenderon de categoría ó remate da tempada. Os equipos Cisneros e CRC Madrid, acadaron nesta tempada o ascenso para competir na edición 2006-07 da División de Honra. Esteban Roqué foi o máximo anotador da liga con 185 puntos, e César Sempere o máximo realizador de ensaios con 18.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2005-06

Ligazóns externas http://www.ferugby.com Resumo da tempada en Marca.com

Categoría:Rugby en 2006 Categoría:División de Honra de Rugby