miniatura|197px|Pneumonía apical dereita: na fibrose quística, a infección crónica da lugar á destrución do parénquima pulmonar, ocasionando por último a morte por insuficiencia respiratoria. A fibrose quísticaDiccionario galego de termos Médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002. Páxina 320.Vocabulario de Medicina. Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela. 2008. Páxina 217., é unha das enfermidades xenéticas máis frecuentes na raza caucasiana cunha incidencia na poboación española, segundo recentes estudos de cribado neonatal, de aproximadamente 1/5.000 nados vivos. Ao presentar unha herdanza autosómica recesiva, calcúlase que un 4-5% da poboación xeral son portadores desta entidade na raza branca. É esta unha enfermidade das glándulas exócrinas que afecta a múltiples órganos e sistemas, debido á existencia de alteracións hidroelectrolíticas e das mucoproteínas a nivel glandular, orixinándose secrecións anómalas e espesas que producen obstrución e infección coas consecuentes manifestacións clínicas. A principal causa de morbilidade e mortalidade continúa sendo a afectación pulmonar, causante dun 95% dos falecementos.Rosa María Girón Moreno e Antonio Salcedo Pousadas FIBROSIS QUÍSTICA. Monografías NEUMOMADRID.VOLUME VIII / 2005. Edita: ERGON. C/ Arboleda, 1. 28220 Majadahonda (Madrid).(15 de decembro de 2005). Esta enfermidade foi orixinalmente denominada fibrose quística do páncreas, e tamén coñecida como mucoviscidose (do lat. muccus, 'moco', e viscos, 'pegañento'), é unha enfermidade frecuente que afecta o organismo en forma xeneralizada, causando morte prematura. A dificultade para respirar é o síntoma máis común, emerxente de infeccións pulmonares crónicas, as cales poden mostrarse resistentes ao tratamento con antibióticos e outros fármacos. A fibrose quística é un trastorno multisistémico que causa a formación e acumulación dun moco espeso e pegañento, afectando fundamentalmente a pulmóns, intestinos, páncreas e fígado. Así mesmo, caracterízase pola presenza dunha alta concentración de sal (NaCl) na suor, o que sentou as bases da proba estándar para este diagnóstico: o exame de electrólitos da suor. O mesmo avalía, entre outros ións, os niveis de cloruro excretados. Unha variedade de síntomas, incluíndo infeccións sinusais, diminución do crecemento, diarrea son o resultado dos efectos da fibrose quística sobre os distintos órganos.
Trátase dunha das enfermidades fatais máis comúns. A súa prevalencia é maior entre caucásicos; unha de cada 25 persoas de ascendencia europea é portadora asintomática dun xene para fibrose quística, sendo a enfermidade xenética herdable máis frecuente entre esta poboación. E aproximadamente unha de cada 25 persoas é portador san heterocigoto. Os afectados poden ser diagnosticados mediante probas xenéticas prenatais; tamén por screening neonatal ou, durante a infancia temperá, pola mencionada proba da suor. Non existe cura para a fibrose quística, con todo, hoxe en día existen tratamentos nos que se pode ter unha vida completamente normal alargando a mesma un 25%. A supervivencia media para estes pacientes estímase en 35 anos, alcanzando valores máis altos nalgúns países (57,8 en EE.UU.).Jorde, Lynn; Carey, John; White, Raymond. Xenética médica. Madrid: Mosby, 1996. ISBN 84-8174-161-2New Statistics Show CF Patients Living Longer Cystic Fibrosis Foundation (26 de abril, 2006). Consultado o 26-07-2006. En casos severos, o empeoramento da enfermidade pode impor a necesidade dun transplante de pulmón.
A fibrose quística é causada por unha mutación nun xene chamado regulador da condutancia transmembrana da fibrose quística (CFTR, polas súas siglas en inglés). Este xene intervén na produción de suor, mollos gástricos e moco. Aínda que a maioría das persoas sas teñen dúas copias funcionais do xene, só unha é necesaria para impedir o desenvolvemento de fibrose quística. A fibrose quística desenvólvese cando ningún destes xenes opera normalmente. En consecuencia, considérase unha enfermidade autosómica recesiva. O nome fibrose quística refírese aos procesos característicos de cicatriz e formación de quistes dentro do páncreas, recoñecidos por primeira vez nos anos 1930.Andersen DH. "Cystic fibrosis of the pancreas and its relation to celiac disease: a clinical and pathological study." Am J Dis Child 1938; 56:344-399
Síntomas e signos A sintomatoloxía da fibrose quística varía en función da idade do individuo, o grao en que ven afectados órganos específicos, a terapéutica instituída previamente, e os tipos de infeccións asociadas. Esta enfermidade compromete ao organismo na súa totalidade e amosa o seu impacto sobre o crecemento, a función respiratoria, a dixestión. O período neonatal caracterízase por un pobre aumento de peso e por obstrución intestinal producida por feces densas e voluminosas. Outros síntomas aparecen, máis tarde, durante a nenez e ao comezo da idade adulta. Estes inclúen retardo do crecemento, inicio da enfermidade pulmonar e dificultades crecentes pola mala absorción de vitaminas e nutrientes no tracto gastrointestinal.
Á maioría dos nenos diagnostícaselles fibrose quística antes do primeiro ano de vida, cando a mucosidade pegañenta que afecta pulmóns e páncreas, comeza a mostrar o seu impacto. No tracto respiratorio, esas secrecións serven como caldo de cultivo para diversas bacterias responsables de infeccións crónicas, con deterioración progresiva e permanente do parénquima pulmonar. Conforme se agrava a condición respiratoria, os pacientes sofren hipertensión pulmonar. Por outra banda, no páncreas, o moco obstrúe o tránsito das encimas sintetizadas pola glándula e impide que cheguen até os intestinos para dixerir e absorber o alimento.
Enfermidade pulmonar e sinusal miniatura|esquerda|197px|Aspergillus fumigatus, un fungo común que pode conducir ao agravamento da enfermidade pulmonar en persoas con fibrose quística.
A enfermidade pulmonar resulta do bloqueo das vías aéreas máis pequenas co moco espeso característico da fibrose quística. A inflamación e a infección producen dano aos pulmóns e cambios estruturais que conducen a unha variedade de síntomas. Nas etapas iniciais, comunmente preséntanse tose incesante, produción copiosa de flegma, e unha diminución na capacidade aeróbica. Moitos destes síntomas ocorren cando certas bacterias (fundamentalmente, Pseudomonas aeruginosa) que normalmente viven no moco espeso, medran de xeito descontrolado e causan pneumonía. En estados avanzados da fibrose quística, os cambios na arquitectura do pulmón producen dificultades respiratorias crónicas.
Outros síntomas inclúen expectoración de sangue ou esputo sanguinolento, dilatación crónica dos bronquios ou bronquíolos (bronquiectasia), elevación da presión sanguínea no pulmón, insuficiencia cardíaca, sensación de non estar a recibir suficiente osíxeno ou dispnea, insuficiencia respiratoria e atelectasia; podería requirirse soporte ventilatorio.Rowe SM, Miller S, Sorscher Ex. "Cystic fibrosis." N Engl J Med. 2005 may 12;352(19):1992-2001. PMID 15888700 Ademais das infeccións bacterianas máis comúns, as persoas con fibrose quística desenvolven con maior facilidade outros tipos de enfermidades respiratorias. Entre estas atópase a asperxilose broncopulmonar alérxica, caracterizada por unha resposta de hipersensibilidade ante un fungo ordinario do xénero Aspergillus (Aspergillus fumigatus), que agudiza os problemas respiratorios. Outro exemplo é a infección co complexo Mycobacterium avium (MAC), grupo de actinobacterias emparentadas con Mycobacterium tuberculose, que pode ocasionar danos maiores ao pulmón, e que non responde á terapéutica con antibióticos convencionais.
O moco nos seos paranasais é igualmente denso e pegañento, e tamén pode causar oclusión dos orificios por onde os seos habitualmente drenan, o cal fai que se acumulen secrecións que actúan como caldo de cultivo para os patóxenos antes mencionados. Nestes casos, pódense presentar dor facial, febre, secreción nasal profusa e cefaleas. Nas persoas con fibrose quística, a miúdo obsérvase crecemento sobreabundante de tecido nasal (pólipos), a consecuencia da inflamación por infección sinusal crónica. Estes pólipos poden agravar a obstrución das vías respiratorias superiores e intensificar as dificultades respiratorias.Maldonado M, Martínez A, Alobid I, Mullol J. The antrochoanal polyp. Rhinology. 2004 dic;42(4):178-82. Rev. PMID 15626248Ramsey B, Richardson MA. Impact of sinusitis in cystic fibrosis. Allergy Clin Immunol. 1992 sep;90(3 Pt 2):547-52. PMID 1527348
Enfermidade gastrointestinal, hepática e pancreática Con anterioridade á difusión das probas prenatal e neonatal para fibrose quística, era frecuente que a enfermidade se detectase ao constatar que o recentemente nacido non podía expulsar as súas primeiras feces (meconio). O meconio pode obstruír completamente os intestinos e causar graves trastornos. Esta condición, chamada íleo meconial, ocorre no 10% dos recentemente nacidos con fibrose quística.Eggermont E, De Boeck K. Small-intestinal abnormalities in cystic fibrosis patients. Eur J Pediatr. 1991 oct;150(12):824-8. Rev. PMID 1743211 Así mesmo, é tamén frecuente a asociación de fibrose quística con protrusión das membranas rectais internas (prolapso rectal), debida ao maior volume fecal, á malnutrición, e á elevación da presión intraabdominal por tose crónica.Kulczycki LL, Shwachman H. "Studies in cystic fibrosis of the pancreas; occurrence of rectal prolapse." N Engl J Med. 1958 ag 28;259(9):409-12. PMID 13578072
O moco glutinoso observado no pulmón ten o seu correlato nas secrecións espesas do páncreas, órgano responsable de prover mollos dixestivos que facilitan a descomposición química dos alimentos. Estas secrecións impiden o movemento das encimas pancreáticas cara ao intestino e producen dano irreversible no páncreas, a miúdo acompañado de dolorosa inflamación (pancreatitis).Cohn JA, Friedman KJ, Noone PG, Knowles MR, Silverman LM, Jowell PS. Relation between mutations of the cystic fibrosis gene and idiopathic pancreatitis. N Engl J Med. 1998 sep 3;339(10):653-8. PMID 9725922 A deficiencia de encimas dixestivas tradúcese nun impedimento para absorber os nutrientes, coa subseguinte excreción destes nas feces: este trastorno é coñecido como malabsorción. A malabsorción conduce á desnutrición e ao retardo no crecemento e desenvolvemento, ambos os debidos á baixa biodispoñibilidade calórica. As persoas con fibrose quística teñen, en particular, problemas para absorber as vitaminas A, D, E, e K. Ademais da afección pancreática, adoitan experimentar acidez crónica, xerostomía, obstrución intestinal por intususcepción, e estrinximento.Malfroot A, Dab I. New insights on gastro-oesophageal reflux in cystic fibrosis by longitudinal follow up. Arch Dis Child. 1991 nov;66(11):1339-45. PMID 175564 Os pacientes maiores desenvolven tamén a síndrome de obstrución intestinal distal causado polas feces glutinosas.Khoshoo V, Udall JN Jr. Meconium ileus equivalent in children and adults. Am J Gastroenterol. 1994 feb;89(2):153-7. PMID 8304294
Estas secrecións tamén poden causar problemas no fígado. A bile, producida por esta víscera para facilitar a dixestión, podería bloquear as vías biliares, danando os tecidos adxacentes. Co tempo, esta situación conduce á cirrose. Nese caso, resultan comprometidas funcións de primeira orde, tales como as implicadas na neutralización de toxinas, e na síntese de importantes proteínas (por exemplo, os factores de coagulación, responsables da coagulación sanguínea).Williams SG, Westaby D, Tanner MS, Mowat AP. Liver and biliary problems in cystic fibrosis. Br Med Bull. 1992 oct;48(4):877-92. PMID 1458306
Enfermidade endócrina e crecemento miniatura|205px|As persoas con fibrose quística a miúdo presentan malformación e agrandamento dos dedos (dedos en paus de tambor ou hipocráticos)