Enes Kanter Freedom, nado coma Enes Kanter o 20 de maio de 1992 en Zürich, Suíza, é un xogador turco de baloncesto profesional.

Traxectoria Turquía Na tempada 2008-09, Kanter foi reserva no Fenerbahçe Ülker da liga turca. Xogou nove partidos, catro na Euroliga e cinco en liga. Fenerbahçe e Olympiacos BC ofrecéronlle contratos profesionais, pero Kanter decidiu xogar no instituto e na universidade nos Estados Unidos.

NBA Kanter foi elixido na 3ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Utah Jazz. Asinou o seu contrato cos Jazz o 9 de decembro de 2011. Na súa tempada coma rookie, Kanter acadou 4.6 puntos en 13.2 minutos por partido.

O 19 de febreiro de 2015, Kanter foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre os Jazz, os Thunder e os Detroit Pistons.

O 25 de setembro de 2017, Kanter foi traspasado xunto a Doug McDermott e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós New York Knicks, a cambio de Carmelo Anthony. O 7 de febreiro de 2019, foi cortado polos Knicks.Knicks waive Wesley Matthews, Enes Kanter

O 17 de xullo de 2019, Kanter asinou cos Boston Celtics un contrato por dous anos e 10 millóns de dólares.

O 20 de novembro de 2020, Kanter foi traspasado ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Memphis Grizzlies.

O 13 de agosto de 2021, Kanter asinou de novo cos Boston Celtics.

O 10 de febreiro de 2022, Kanter Freedom foi traspasado xunto a Dennis Schröder e Bruno Fernando ós Houston Rockets a cambio de Daniel Theis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Zürich Categoría:Xogadores de baloncesto de Turquía Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics