miniatura|225px|Bandeira do Gran Ducado de Toscana entre 1562 e 1737. Un Gran Ducado é un territorio do cal o seu xefe de estado é un monarca que ostenta o título de Gran Duque ou Gran Duquesa.
Hoxe en día Luxemburgo é o único país soberano que continúa sendo un Gran Ducado. Porén, algúns históricos grandes duques aínda conservan os devanditos honores, normalmente desde o Congreso de Viena, en 1814-1815.
Orixe e historia do termo O título de gran duque (latín: Magnus Dux, alemán: Großherzog, castelán: Gran Duque, francés: Grand-Duc, italiano: Gran Duca, portugués: Grão-duque, lituano: Didysis Kunigaikštis, polaco: Wielki książę) está na nobreza por debaixo do rei, pero máis alto que un duque soberano ou un príncipe (non real).
O termo gran ducado é unha creación posterior ao século XVII, e provén probabelmente da Europa occidental, para designar as terras dun duque particularmente poderoso.
Un dos primeiros exemplos sería a utilización oficiosa da palabra grand-duc polos duques de Borgoña durante o século XV, cando reinaban sobre unha vasta rexión da actual Francia oriental, así como tamén sobre a maior parte dos actuais Países Baixos, Bélxica, e Luxemburgo.
A primeira monarquía que se denominou oficialmente Gran Ducado foi a Toscana dos Medici, baixo a soberanía dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico. Os Medici recibiron o título en 1569, e Toscana continuou sendo un gran ducado até 1860, cando foi anexionada polo Reino de Piemonte-Sardeña no curso da unificación italiana.
O termo foi cada vez máis utilizado, até o século XIX, cando Napoleón o usou para designar varios territorios que entregou aos seus aliados. Aínda que Napoleón perdeu en Waterloo o seu imperio e os seus territorios vasalos, como o Gran Ducado de Berg, borrados dos mapas europeos, os representantes do Congreso de Viena consentiron, no entanto, a gardar os títulos de duques e de príncipes, principalmente nos dos territorios que constituíran o Sacro Imperio Romano Xermánico. Así, no século XIX apareceu un novo grupo de monarquías tituladas gran ducado en Europa central, como o Gran Ducado de Hesse ou o Gran Ducado de Oldenburgo.
Paralelamente, a utilización do título honorífico de gran duque aumentou en Rusia en razón dos moitos nacementos nas varias ramas masculinas das dinastías reinantes. En Alemaña, a utilización do título estendeuse despois de 1815, pero a súa aplicación non foi universal. En efecto, en alemán (que ten palabras distintas para o príncipe real, Prinz, e para o príncipe soberano, Fürst), os grandes duques de Lituania e dos Estados rusos históricos, así como doutros príncipes europeos orientais e de dinastías rusas posteriores, foron designados co título Großfürst.
Grandes ducados europeos Entre o período comprendido entre as guerras napoleónicas e a segunda guerra mundial houbo bastantes Grandes Ducados en Europa. Un considerábel número de Grandes Ducados creáronse na era napoleónica e, máis tarde, co Congreso de Viena e a fundación da Confederación xermánica.
Gran Ducado de Toscana (1569-1860, posteriormente unido ao Reino de Italia) Gran Ducado de Berg (1806-1813, parte do Reino de Prusia) Gran Ducado de Würzburg (1806-1814, posteriormente parte de Baviera) Gran Ducado de Baden (1806-1918, parte do Imperio alemán desde 1871) Gran Ducado de Hesse (Hesse-Darmstadt) (1806-1918, parte do Imperio alemán desde 1871) Gran Ducado de Fulda (1816-1866) parte do Electorado de Hesse (Hesse-Cassel) Gran Ducado de Finlandia (1809-1917) unión persoal a Rusia, República desde 1917) Gran Ducado de Frankfurt (1810-1813, posteriormente parte de numerosos estados alemáns) Gran Ducado do Baixo Rin (1815-1822 como parte de Reino de Prusia) Gran Ducado de Luxemburgo (até 1815, en unión persoal cos Países Baixos até 1890) Non se debe confundir co actual Gran Ducado de Luxemburgo. Véxase Luxemburgo e Gran Rexión. Gran Ducado de Mecklenburg-Schwerin (1815-1918, parte do Imperio alemán desde 1871) Gran Ducado de Mecklenburg-Strelitz (1815-1918, parte del Imperio alemán desde 1871) Gran Ducado de Posen (1815-1848 parte do Reino de Prusia) Gran Ducado de Saxonia (Saxonia-Weimar-Eisenach) (1815-1918, parte do Imperio alemán desde 1871) Gran Ducado de Oldenburg (1829-1918, parte do Imperio alemán desde 1871) Gran Ducado de Cracovia (1846-1918 en unión persoal con Austria, parte de Polonia)
O termo "Gran Ducado" úsase á veces, erroneamente, para referirse ao Ducado de Varsovia (1807-1813), que foi un ducado e non un gran ducado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Duque Formas de estado Gran Duque Monarca
Categoría:Ducados