miniatura|200px|Esquistocitos vistos nun paciente con síndrome hemolítico-urémica. O gromo da síndrome hemólico-urémica de 2011, tamén chamada crise do cogombro ou crise da soia, foi un andazo bacteriano orixinado en Alemaña en maio dese ano, e que se saldou coa morte de case unha cincuentena de persoas. O andazo foi provocado pola bacteria Escherichia coli O104:H4, unha cepa concreta de E. coli que é responsábel dunha enfermidade de orixe alimentaria, a síndrome hemolítico-urémica, que pon en risco a vida dos humanos. Se ben a orixe da bacteria foi rastrexada ata unha plantación de soia da Baixa Saxonia, a crise sanitaria supuxo tamén unha crise económica onde se viu afectado o mercado de vexetais da Unión Europea.

Orixe Aínda que o día 1 de maio de 2011 as autoridades sanitarias de Alemaña informaron dun gromo de síndrome hemolítico-urémica no paísOutbreak Notice: Shiga toxin-producing E. coli O104:H4 infections in Germany , Web de Centers for Disease Control and Prevention do goberno dos Estados Unidos., ata o 22 de maio non se considerou un problema de saúde pública, logo de que na véspera se producise a primeira vítima mortalFirst death in German E. coli outbreak; up to 200 sick . Barfblog, blog da International Food Safety Network da Universidade do Estado de Kansas, 24/5/2011.. As infeccións producidas por Escherichia coli son comúns nos países occidentais, pero habitualmente teñen un alcance moderado no que a virulencia se refireEn Alemaña, por exemplo, rexístranse entre 800 e 1.200 casos cada ano. Scientists hunt source of life-threatening stomach bug, Thelocal.de, 18/5/2011.. En Galicia, un estudo realizado nos anos noventa sinalaba unha proporción de cepas enterohemorráxicas en só o 0,6% dos humanos afectados por diarreaBLANCO, M. BLANCO, J. E. BLANCO, J., GONZÁLEZ, E.A., ALONSO, M. P., MAAS, H. e JANSEN W. H. Prevalence and characteristics of human and bovine verotoxigenic Escherichia coli strains isolated in Galicia (north-western Spain) , In European Journal of Epidemiology, Volume 12, Number 1, 13-19..

O cogombro Ata o 25 de maio os casos rexistráronse especialmente no noroeste de AlemañaPotentially deadly E. coli bug spreads in Germany , Swiss Tribune, 24/5/2011.. Ao día seguinte, o 26 de maio, as autoridades alemás identificaban a fonte do andazo con cogombros importados de EspañaDeadly E. coli found in Spanish cucumbers, Thelocal.de, 24/5/2011.. Ao día seguinte, o 27 de maio, as autoridades reafírmanse nesta atribución, comunícanllelo aos demais países da Unión Europea e retiran do mercado os cogombros de cultivo ecolóxico procedentes de España O arquivo foi eliminado e é consultable na web do Ministerio de Consumo de Estonia.. Ese mesmo día, a Comisión Europea rastrexa a bacteria ata dous invernadoiros de Algarrobo (Málaga), que se clausuran, e aos que se lles abre unha investigación. As análises practicadas aos invernadoiros andaluces sobre mostras de solo e de auga dan negativo a E. coliEfforts intensify to identify source of E. coli outbreak in Germany as final tests clear Spanish cucumbers, Europa.eu, 4/6/2011, e levántase a prohibición de venda de cogombro con orixe en EspañaEurope lifts cucumber warning, The Irish Times, 1/6/2011.La Comisión Europea levanta la alerta sobre los pepinos españoles procedentes de Almería , web do Ministerio de Sanidade, Política social e Igualdade de España.. Mantívose con todo a orixe da contaminación nos cogombros, pero atribuída a unha contaminación posterior durante o seu transporte ou distribución en AlemañaCucumbers in clear – so what is causing deadly E.coli outbreak? , The Independent, 1/6/2011..

As discusións sobre a orixe do gromo continuaron neses días entre as autoridades europeas, que opinaban que a contaminación puidera producirse en calquera punto dunha longa cadea de transporte, e as españolas, que negaban a relación dos cogombros de orixe española coa enfermidade. Paralelamente, o Instituto Robert Koch e o Instituto Federal Alemán para a Avaliación de Risco recomendaban evitar en Alemaña o consumo de tomate, cogombro e leituga crus como medida de prevención complementariaNew epidemiological data corroborate existing recommendation on consumption by BfR, BfR, 3/6/2011.. Mentres tanto, dábanse a coñecer os resultados das análises realizadas sobre os cogombros supostamente infectados en Alemaña, onde se atoparon —en 2 de 4 análises— cepas de E. coli, pero non a O104 responsábel directa do andazo.

A soia O 4 de xuño as autoridades alemás e europeas atoparon datos que os levaban ata un cátering público celebrado nun restaurante en Lübeck (Schleswig-Holstein) como orixe posíbel do andazoKein EHEC-Befund in Lübecker Restaurant , N24.de, 4/6/2011., mentres que os casos da enfermidade en Alemaña seguían en aumento. Ao día seguinte, o 5 de xuño, o ministro de Agricultura do estado de Baixa Saxonia advertía a poboación de non comer gromos de soia de produción local, porque se converteran na principal sospeita da orixe do andazoE coli outbreak: German officials identify bean sprouts as likely source, The Guardian, 6/6/2011.. Ao longo desa xornada sinalouse como fonte precisa unha granxa en Bienenbüttel (Baixa Saxonia) German-grown sprouts named likely culprit in deadly outbreak, CNN.com, 5/6/2011., mais ao día seguinte as autoridades negaban a existencia de análises probatorias, pois con máis da metade das mostras analizadas (23 sobre 40) os resultados foran negativosGALLAGHER, James. E. coli outbreak: First German sprout tests negative, BBC, 5/6/2011.. De feito, as análises que atoparon a bacteria non se fixeron sobre as mostras principais da granxa, onde non se atopou nada, senón sobre un paquete que procedía da granxaDeadly E. coli found on bean sprouts, Thelocal.de, 11/6/2011.. Con todo, a explotación agrícola foi clausuradaGerman-grown food named likely culprit in deadly outbreak, CNN.com, 5/6/2011..

O 10 de xuño un voceiro do Robert Koch Institute identificaba os gromos de soia como a fonte do andazoGermany says sprouts are most likely source of E.coli, The Jerusalem Post, 10/6/2011.German tests link bean sprouts to deadly E. coli, BBC, 10/6/2011., e a OMS confirma a sospeita ese mesmo díaEHEC outbreak: update 13 , OMS, 10/6/2011..

A alforfa O 30 de xuño, a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria propuxo como posible orixe, aínda que con tódalas reservas a falta de confirmación microbiolóxica, as sementes de alforfa ou fenogreco (Trigonella foenum-graecum), procedente de Exipto, das que podería provir a cepa de E. coli que contaminou os gromos xerminados de Alemaña. O 8 de xullo, confirmada esta orixe, adoptou a decisión de retirar dos mercados europeos das sementes de alforfa importadas de Exipto entre 2009 e 2011, á vez que se prohibe a importación de novas partidas ata o 31 de outubro .

Estas sementes utilízanse como especia para curry ou ensaladas. O Ministerio de Sanidade español confirmou que tamén se distribuíron en España en 2010 e insiste na recomendación de non producir gromos vexetais para consumo propio nin consumir agromos nin sementes xerminadas sen cociñalos previamente, á vez que lembra que aínda non se produciu ningún caso de intoxicación no país.

A enfermidade Logo das análises e probas realizadas, o Instituto Federal Alemán para Avaliación de Riscos sinalou que a cepa bacteriana causante do andazo era coñecida en humanos en Alemaña dende había máis dunha década, e que o máis probábel era que pasara á cadea alimentaria a través de feces humanasMACKENZIE, Debra. Bean sprouts to blame for 'decade-old' E. coli, New Scientist.</ref>. Para a cepa bacteriana en cuestión, a O10:H4, foran descritas propiedades enterohemorráxicas (isto é, que provoca diarreas con hemorraxia) e enteroagregativas (é dicir, que se adhire moi intensamente ás paredes do intestino, o que dificulta a súa eliminación)E. coli outbreak: WHO says bacterium is a new strain, The Guardian, 4/6/2011.. O único caso de EHEC O104:H4 documentado con anterioridade fora unha intoxicación en Corea do Sur, rexistrado en 2005, para a que se citara como fonte posíbel unha hamburguesa"A Case of Hemolytic Uremic Syndrome Caused by Escherichia coli O104:H4" , Yonsei Medical Journal, Vol. 47, No. 3, pp. 437 - 439, 2006..

O primeiro estadio da enfermidade é unha diarrea con hemorraxia. Durante ese proceso, as bacterias liberan unha toxina que afecta os vasos sanguíneos e, en particular, o endotelio. Os órganos máis danados son os riles: un 5-10% dos pacientes falece, e outra parte chega a desenvolver problemas renais graves que poden necesitar dun transplante.

Distribución A gran maioría dos casos (o 97%) deste andazo rexistrouse en Alemaña. Ata o 27 de xuño de 2011, cando o número de casos e a súa virulencia xa decaera, contabilizáranse 3.927 casos de intoxicación por E. coli, dos que só o 23% desenvolveran a síndrome hemolítico-urémica. Destes, o 95% rexistráronse en Alemaña. A taxa de mortalidade dos afectados pola síndrome foi do 5%. Os casos que se rexistraron fóra de Alemaña fórono en persoas que estiveran había pouco tempo naquel país.

+ Número de casos a 22 de xuño de 2011 Shiga toxin-producing E. coli (STEC): Update on outbreak in Germany and cluster in France (27 June 2011, 11:00) , Web do Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades 27/6/2011}} País Falecementos Desenvolvena síndrome Total deE. coli 46 834 3.801 1 18 51 0 9 23 0 7 12 0 4 11 0 3 6 1 3 5German E coli outbreak kills 3 more, reaches 3,800 cases , Center for Infectious Disease Research & Policy, Universidade de Minnesota.. 0 1 5 0 2 3 0 0 3Switzerland confirms third case of rare E. coli strain, Thelocal.ch, 3/6/2011. 0 1 2 0 1 2 0 0 1 0 0 1 0 0 1 0 0 1Germany says sprouts are cause of E. coli outbreak , CTV, 10/6/2011.Total 48 883 3.927

Consecuencias políticas e económicas A determinación da causa do gromo primeiro no cogombro e posteriormente na soia afectou os mercados destes produtos e, nun sentido máis amplo, o de todos os produtos da horta procedentes de países membros da Unión Europea. Ademais do comercio interno, víronse danadas as exportacións europeas. Rusia, por exemplo, prohibiu a importación de todas as verduras procedentes da Unión Europea durante case un mes, ata o 22 de xuño<ref>CHELSOM-PILL, Charlotte. Russia lifts ban on EU vegetables, Deutsche Welle, 22/6/2011}}.

Porén, non existen datos reais e independentes do impacto do gromo de E. coli no mercado. Un suposto lobby de produtores europeos, Freshful, estimaba o dano económico semanal nun total de 313 millóns de euros, dos cales 204 millóns afectarían os produtores españois, 82 millóns aos neerlandeses e en menores contías aos agricultores de Alemaña, Bélxica e PortugalEU ministers to meet on E.coli outbreak, Al-Jazeera, 7/6/2011.. FEPEX, a Federación Española de Produtores e Exportadores de Froitas e Hortalizas, falou de 200 millóns de euros de perdas á semana, se ben o total de cogombro exportado por España anualmente é de só 372 millóns de euros. (2010)Datos del sector: Exportaciones españolas, Web de FEPEX.. Cifras incluso superiores á exportación anual foron achegadas pola Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (300 millóns) e por Xoves Agricultores (500 millóns) La ayuda de la UE a los productores apenas cubre las pérdidas], Suite101. 9/6/2011.

Unha firma de avogados especialista en reclamacións por intoxicacións alimentarias falaba de 2.000 millóns de perdas en custos humanos, con referencia a unha cantidade de afectados e falecidos substancialmente menor cá finalMARLER, Bill. German E. coli O104:H4 Outbreak - $2.84 Billion in Human Damage, Food Poison Journal..

Compensacións