O Ártabros de Oleiros foi un equipo de fútbol gaélico da localidade de Oleiros, con filiación co Fillos de Breogán da Coruña.
Historia O equipo naceu no 2011 logo do acordo da xunta directiva do Fillos e Breogán para crear un novo equipo en Oleiros con filiación co Fillos de Breogán. A xunta directiva decidiu por maioría simple nomear o novo club irmán como Ártabros de Oleiros. Os seus integrantes poden ser convocados polo adestrador dos Fillos de Breogán Carlos Seco, tamén adestrador do novo equipo, polo menos nos seus comezos. No caso de que o equipo oleirense contara con efectivos suficientes, o Ártabros de Oleiros pasaría a participar tamén nos torneos do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico.
Nome O nome do equipo tomouse da tribo dos Ártabros, de orixe celta, que se asentou na área comprendida entre as rías da Coruña e de Ferrol.
Escudo e cores O escudo deseñouse tendo en conta o novo nome do club e tomando como referencia o brasón da vila. O fondo do escudo é de cor azul (ao igual que o de Oleiros) e na parte inferior matén as ondas do brasón da vila, na parte central aparece representado un tríscele espiral que fai referencia ás raíces célticas. Sobre as ondas aparece un balón de fútbol gaélico branco.
A cor do equipo é o negro. O uniforme é camiseta negra, pantalón azul e medias azuis.
Clasificación 2012
6º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2013
3º Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 15px
7º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2013/2014
6º Copa Galega de Fútbol Gaélico
10º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2014/2015
7º Liga Galega de Fútbol Gaélico
5º Copa Galega de Fútbol Gaélico
11º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
Véxase tamén Outros artigos Fútbol gaélico Fillos de Breogán
Ligazóns externas Información do Ártabros de Oleiros en Fillos de Breogán
Categoría:Equipos de fútbol gaélico de Galicia Categoría:Deporte en Oleiros