Beowulf é un filme de animación dirixido por Robert Zemeckis que se estreou no 2007. É unha adaptación do poema épico Beowulf, escrito por Neil Gaiman e Roger Avary. O filme foi creado co proceso de captura de movemento, cun sistema semellante ó empregado en The Polar Express. Está protagonizado por Ray Winstone, Anthony Hopkins, Robin Wright Penn, Brendan Gleeson, John Malkovich, Crispin Glover, Alison Lohman e Angelina Jolie. Foi estreado no Reino Unido e nos Estados Unidos o 16 de novembro de 2007, e púidose ver nos formatos IMAX 3D, RealD, Dolby 3D e o 2D estándar. Estreouse en galego na TVG o 16 de agosto de 2011.

Sinopse Nun tempo de heroes, o poderoso guerreiro Beowulf dá morte ó demo Grendel, provocando a ira da súa monstruosa e sedutora nai, nun conflito que transforma a un rei en lenda.

Personaxes Ray Winstone como Beowulf Crispin Glover como Grendel Angelina Jolie como Nai de Grendel Anthony Hopkins como Rei Hrothgar John Malkovich como Unferth Brendan Gleeson como Wiglaf, Tenente de Beowulf Robin Wright como Wealhtheow Alison Lohman como Úrsula Costas Mandylor como Hondshew Sebastian Roché como Wulfgar Greg Ellis como Wermund Tyler Steelman como Cain de mozo Dominic Keating como Cain Adulto Rik Young como Eofor Charlotte Salt como Estrith Leslie Harter Zemeckis como Yrsa

Banda sonora A banda sonora estreouse o 20 de novembro de 2007. O compositor Alan Silvestri foi o responsable da produción do álbum da banda sonora. As actrices Robin Wright e Idina Menzel interpretan algunhas das cancións que a compoñen. A música caracterízase polos movementos violentos con outros suaves, con semellanzas a himnos.

Beowulf Main Title (0:54) First Grendel Attack (1:50) Gently as She Goes (1:36) Interpretada por Robin Wright What We Need Is a Hero (1:40) I'm Here to Kill Your Monster (1:47) I Did Not Win the Race (2:16) A Hero Comes Home (1:08) Interpretada por Robin Wright Second Grendel Attack (4:02) I Am Beowulf (4:32) The Seduction (4:03) King Beowulf (1:44) He Has a Story to Tell (2:42) Full of Fine Promises (1:11) Beowulf Slays the Beast (6:01) He Was the Best of Us (5:23) The Final Seduction (2:52) A Hero Comes Home (3:13) Interpretada por Idina Menzel Total (46:52)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Zemeckis Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de ImageMovers Categoría:Filmes ambientados no século VI Categoría:Filmes ambientados en Dinamarca Categoría:Filmes baseados en Beowulf Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego