Resident Evil é un filme de terror dirixido por Paul W.S. Anderson que se estreou no 2002. Está protagonizado por Milla Jovovich e Michelle Rodriguez. É o primeiro filme da franquía "Resident Evil", que está baseada na serie de videoxogos de Capcom Resident Evil. Foi seguido por catro secuelas: Apocalypse (2004), Extinction (2007), Afterlife (2010) e Retribution (2012).

Con elementos dos videoxogos Resident Evil e Resident Evil 2, o filme conta a historia da heroína Alice e un grupo de comandos da Umbrella Corporation que tentan conter o contaxio do virus T nunhas instalacións baixo terra. O filme recibiu valoracións diversas por parte da crítica, e recadou $102 millóns en todo o mundo.

Estreouse en galego na TVG o 12 de maio de 2009.

Sinopse Nun centro clandestino de investigación xenética -con fins militares- dunha poderosa multinacional, prodúcese un gromo vírico que contamina todo o edificio. Para conter a fuga, o ordenador que controla o centro sela toda a instalación e, nun principio crese que morreron tódolos empregados, pero en realidade convertéronse en feroces zombis.

Personaxes Milla Jovovich como Alice Michelle Rodriguez como Rain Ocampo Eric Mabius como Matt Addison James Purefoy como Spence Parks Martin Crewes como Chad Kaplan Colin Salmon como Donald "One" Shade Ryan McCluskey como Mr. Grey Oscar Pearce como Mr. Green Indra Ové como Ms. Black Anna Bolt como Dr. Green Joseph May como Dr. Blue Robert Tannion como Dr. Brown Heike Makatsch como Dr. Lisa Addison Jaymes Butler como Clarence o garda de seguridade Stephen Billington como Mr. White Fiona Glascott como Ms. Gold Pasquale Aleardi como J.D. Salinas Liz May Brice como Médico Marc Logan-Black como Comando #2 Michaela Dicker como Raíña Vermella Jason Isaacs como Dr. William Birkin/Narrador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Paul W. S. Anderson Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes de Screen Gems Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes rodados en Berlín Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes baseados en videoxogos Categoría:Filmes de zombis Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego