O termo Esteo pode referirse a:
Un esteo é un elemento construtivo vertical que serve de soporte a algo, especificamente pódese referir a: Piar, en enxeñería e arquitectura é un elemento vertical sustentante exento dunha estrutura, destinado a recibir cargas verticais para transmitilas á cimentación e que ten sección poligonal; Pé de hórreo, elemento ou columna sobre a que se ergue a cámara do celeiro e na que apoia o tornarratos; Fincón, pau que, colocado verticalmente, sostén a cabezalla do carro, baldón, gastallo, pendallo, postallo, sopostallo, tentemozo; Estaca, pau groso e aguzado que se crava na terra, ou noutro sitio, para diversos usos, por exemplo na agricultura: espeque para soster unha vide; en agrimensura e catastro: para soster un valado.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza O Esteo, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Estelo, lugar da parroquia dos Remedios, no concello de Mondoñedo.