O algodón ou cotónSinónimo en Portal das palabras da RAG - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=323795&sinom=0 é unha fibra suave e esponxosa que crece nunha cápsula protectora ao redor das sementes das plantas de algodón do xénero Gossypium, pertencente á familia das malváceas (Malvaceae). A fibra é case pura celulosa e pode conter pequenas porcentaxes de ceras, graxas, pectinas e auga. En condicións naturais, as cápsulas de algodón aumentan a dispersión das sementes.

A planta é un arbusto orixinario de rexións tropicais e subtropicais de todo o mundo, incluíndo América, África, Exipto e a India. A maior diversidade de especies de algodón silvestre atópase en México, seguido de Australia e África.The Biology of Gossypium hirsutum L. and Gossypium barbadense L. (cotton). ogtr.gov.au O algodón foi domesticado de forma independente no Vello e no Novo Mundo.

A fibra adóitase fiar para convertela en fío ou cordón e utilízase para fabricar tecidos suaves, transpirables e duradeiros. Sábese que o uso do algodón para fabricar tecidos remóntase á prehistoria; identificouse a presenza de gossypium barbadense nun xacemento do distrito de Nanchoc (Perú), que data do sétimo ao VI milenio a. C., mentres que se atoparon fragmentos de tecidos tinguidos de azul índigo, que datan do cuarto ao III milenio a. C., en Huaca Prieta, en Perú. Atopáronse fragmentos dun fío de algodón, empregado para conectar unha cadea de oito contas de cobre, e datado do VI milenio a. C. en Mehrgarh, Kachi, Paquistán. Aínda que se cultiva desde a antigüidade, foi a invención da desmotadora de algodón o que reduciu o custo de produción e propiciou o seu uso xeneralizado, e hoxe en día é a tea de fibra natural máis utilizada na confección de roupa.

As estimacións actuais da produción mundial son duns 25 millóns de toneladas ou 110 millóns de fardos ao ano, o que representa o 2,5 % da terra cultivable do mundo. A India é o maior produtor mundial de algodón. Estados Unidos foi o maior exportador durante moitos anos.

miniatura|upright|Algodón listo para a colleita en Andhra Pradesh, India.

Desde o final da última Era glacial xa se confeccionaban tecidos con algodón. Actualmente, soamente se aproveitan 4 especies a grande escala para a confección de tecidos e instrumentos médicos. A palabra entrou nas linguas romances a mediados do século XII, e no inglés un século despois. O tecido de algodón era coñecido polos antigos romanos como importación, pero o algodón era raro nas terras de fala romance ata as importacións das terras de fala árabe na última época medieval a prezos transformadoramente reducidos.

Etimoloxía A palabra "algodón" ten orixes árabes, derivadas da palabra árabe ( ou ) que en última instancia deriva do hebreo כֻּתֹּנֶת kuttṓnĕṯ, que ironicamente significa roupa feita de liño. Esta era a palabra habitual para o algodón no árabe medieval.Durante a Idade Media escribíronse varios dicionarios importantes en árabe. En Internet pódense consultar copias de case todos os principais dicionarios árabes medievais en: Baheth.info and/or AlWaraq.net. Un dos dicionarios máis apreciados é o de Ismail ibn Hammad ao-Jawhari. "Al-Sihah" que data aproximadamente do ano 1000 ou pouco despois. A máis importante é Lisan Al-Arab, de Ibn Manzur, que data de 1290, pero a maior parte do seu contido foi tomado de diversas fontes anteriores, incluídas fontes dos séculos IX e X. A miúdo, Ibn Manzur nomea a súa fonte e logo a cita. Por tanto, se o lector recoñece o nome da fonte de Ibn Manzur, a miúdo pódese asignar unha data considerablemente anterior a 1290 ao que se di. En Arabic-English Lexicon de Lane, volume 1, páxina xxx (ano 1863). O Arabic-English Lexicon de Lane contén gran parte do contido principal dos dicionarios árabes medievais traducidos ao inglés. En AlWaraq.net, ademais de copias consultables de dicionarios árabes medievais, hai copias consultables dun gran número de textos árabes medievais sobre diversos temas. Marco Polo no capítulo 2 do seu libro, describe unha provincia que chama Khotan no Turkestán, o actual Xinjiang, onde se cultivaba algodón en abundancia. A palabra entrou nas linguas románicas a mediados do século XII.Máis detalles en CNRTL.fr Etymologie en lingua francesa. Centre national de ressources textuelles et lexicales (CNRTL) é unha división do Centre national de la recherche scientifique. e ao inglés un século máis tarde. Os antigos romanos coñecían o tecido de algodón como produto importado, pero o algodón era pouco común nas terras de fala románica ata que, na Baixa Idade Media, importouse desde os territorios de fala árabe a prezos considerablemente máis baixos. Tipos miniatura|Campo de algodón en Singalandapuram, Rasipuram, India (2017) Existen catro especies de algodón cultivadas comercialmente, todas domesticadas na antigüidade: Gossypium hirsutum: algodón de monte, orixinario de América Central, México, o Caribe e o sur de Florida (90 % da produción mundial) Gossypium barbadense: coñecido como algodón básico extra longo, orixinario de América do Sur tropical (8 % da produción mundial) Gossypium arboreum: algodón de árbore, orixinario da India e Paquistán (menos do 2 %) Gossypium herbaceum: algodón do Levante, orixinario do sur de África e da Península Arábiga (menos do 2 %)

Tamén se cultivan variedades híbridas. As dúas especies de algodón do Novo Mundo representan a gran maioría da produción moderna de algodón, pero as dúas especies do Vello Mundo foron amplamente utilizadas antes da década de 1900. Aínda que as fibras de algodón aparecen de forma natural en cores branco, marrón, rosa e verde, os medos a contaminar a xenética do algodón branco fixeron que moitos lugares de cultivo de algodón prohibisen o cultivo de variedades de algodón de cores.

En contraposición ao cultivo de variedades modificadas xeneticamente está a agricultura ecolóxica do algodón, que ademais de non empregar plantas transxénicas tampouco utiliza produtos químicos sintéticos como fertilizantes ou praguicidas. A súa produción tamén promove e mellora a biodiversidade e os ciclos biolóxicos. As plantacións de algodón dos Estados Unidos están obrigadas a cumprir o National Organic Program (NOP). Esta institución determina as prácticas permitidas para o control de pragas, cultivo, fertilización e xestión do cultivos orgánicos.AMSv1OrganicConsumers.org

Historia Antigüidade América En América descubríronse restos de algodón nunha cova preto de Tehuacán, México, que data do 5500 a. C., mais a súa antigüidade foi cuestionada. A domesticación de Gossypium hirsutum en México dátase máis probablemente entre o 3400 e o 2300 a. C. Durante este tempo, os pobos situados entre o río Santiago e o río Balsas cultivaban, fiaban, tecían, tinguían e cosían algodón. O que non consumían eles mesmos, enviábano aos seus gobernantes aztecas como tributo, nunha cantidade aproximada de 116 millóns de libras (53 000 toneladas) ao ano.Beckert, S. (2014). Chapter one: The Rise of a Global Community. In Empire of Cotton: A global history. essay, Vintage Books. Hoxe en día, continúa a ser a variedade máis plantada no mundo, aproximadamente o 89,9 % da produción mundial.Ensminger, Audrey H. and Konlande, James E. Foods and Nutrition Encyclopedia, Second Edition.

Identificouse a presenza da especie indíxena Gossypium barbadense nun xacemento do distrito de Nánchoc, Perú, e datouse no VII-VI milenio a.C., mentres que se atoparon fragmentos téxtiles tinguidos de azul índigo, datados no IV-III milenio a.C., en Huaca Prieta, Perú. O cultivo da especie autóctona de algodón G. barbadense a partir dun achado en Ancón, Perú, foi datado no , in e foi a columna vertebral do desenvolvemento de culturas costeiras como a Norte Chico, a Moche e a Nazca. O algodón cultivábase río arriba, convertíase en redes e comerciabase coas aldeas pesqueiras da costa para obter grandes subministracións de peixe. Os españois que chegaron a México e Perú a principios do século XVI atoparon á xente cultivando algodón e vestindo roupa feita del. Asia Meridional miniatura|upright|Representación da fabulosa planta do algodón nunha ilustración do século XIX O algodón cultivouse por primeira vez en Asia hai uns 7 000 anos (V - IV milenio a. C.) polos habitantes do val do Indo, unha civilización que ocupou gran parte do subcontinente indio, incluíndo partes do actual Paquistán oriental e o noroeste da India.Stein, Burton (1998) A industria do algodón do Indo estivo moi desenvolvida e algúns métodos empregados na fiación e tecido de algodón seguiron empregándose ata a industrialización moderna na India. A primeira evidencia do uso do algodón, conservado en contas de cobre, atopouse no xacemento arqueolóxico neolítico de Mehrgarh, aos pés do paso Bolan en Baluchistán, Paquistán.

Parece que gregos e árabes ignoraron o algodón ata a época de Alexandre o Grande, xa que o seu contemporáneo Megastenas dixo a Seleuco en Indica "hai árbores en que medra a la". Levante Atopáronse microrrestos de fibras de algodón, algunhas tinguidas, en Tel Tsaf no Val do Xordán que databan do ano 5200 a. C. Poden ser restos de roupa antiga, recipientes de tecido ou cordames. As investigacións suxiren que o algodón podería proceder de especies salvaxes do sur de Asia e comerciar coa civilización do val do Indo.

Idade media En Persia, a historia do algodón remóntase á época aqueménida, mais hai poucas fontes sobre o cultivo do algodón na Persia preislámica. O seu cultivo era común en Merv, Rey e Fars. Nos poemas dalgúns poetas persas como Ferdousí e Shahnameh, hai moitas referencias ao cultivo do algodón ("panbe" en persa). Marco Polo (no século XIII) ao referirse aos principais produtos de Persia inclúe o algodón. John Chardin, un famoso viaxeiro francés do século XVII que visitara o Imperio Safávida describiu as grandes granxas de algodón de Persia.

A finais da Idade Media, o algodón coñeceuse no norte de Europa, era unha fibra importada da que se descoñecía a orixe, agás que procedía dunha planta. Debido á súa semellanza coa la, a xente chegou a imaxinar que o algodón tiña que ser producido por unha planta de ovellas. Xoán de Mandeville, no seu libro de viaxes publicado entre 1357 e 1371, mencionou como un feito verdadeiro a crenza de que: "na India medra unha árbore marabillosa que leva años ao final das súas pólas. Estas pólas eran tan flexibles que se dobraban para permitiren os años comer cando tiñan fame". Estas crenzas reflíctense no nome do algodón nalgunhas linguas europeas, como o alemán Baumwolle, que literalmente significa "la de árbore" (Baum significa "árbore" e Wolle significa "la"). A finais do século XVI, o algodón cultivábase en todas as rexións cálidas de Asia e América.

Período moderno A fabricación artesanal india do algodón diminuíu gradualmente durante a expansión británica e o establecemento do dominio colonial entre finais do século XVIII e principios do XIX. Isto debíase en gran parte ás agresivas políticas mercantís coloniais impostas pola Compañía Británica das Indias Orientais, que facían que os talleres de procesamento de algodón e téxtiles da India fosen pouco competitivos. Deste xeito, os mercados indios víronse cada vez máis obrigados a vender só algodón cru e foron forzados por imposición da lei británica a mercar produtos téxtiles fabricados en Gran Bretaña. miniatura|upright|Modelo da fiadora spinning jenny de James Hargreaves, 1765. Exposta no museo de Wuppertal, (Renania do Norte-Westfalia, Alemaña)