Keisha Castle-Hughes, nada o 24 de marzo de 1990 en Donnybrook, Australia Occidental, é unha actriz australiana nacionalizada en Nova Zelandia.

Traxectoria É filla de Tim Castle, de orixe angloaustraliana e Desrae Hughes, de orixe maorí. Os seus pais, que nunca estiveron casados, acabaron separándose. Cando Keisha tiña tan só dezaoito meses, a súa familia mudouse a Nova Zelandia, e ela obtivo a cidadanía neozelandesa no 2001.

Como actriz, gañou prominencia á idade de once anos cando interpretou a Paikea "Pai" Apirana no filme Whale Rider do ano 2002. Keisha acadou nomeamentos para diversos premios entre os que destacan os Premios da Academia á mellor actriz, converténdose así na actriz máis nova en acadar ese recoñecemento.

Dende que iniciou a súa carreira con Whale Rider, Castle-Hughes apareceu en varios filmes como Hey, Hey, It's Esther Blueburger (2008), Piece of my Heart (2009) e un pequeno papel en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005). Tamén interpretou o papel principal como a Virxe María no filme The Nativity Story no 2006.

Filmografía Ano Filme Personaxe Notas 2002 Whale Rider Paikea 2005 Star Wars Episode III: Revenge of the Sith Raíña Apailana de Naboo 2006 The Nativity Story Virxe María 2008 Hey, Hey, It's Esther Blueburger Sunni Piece of My Heart Kat Televisión (en Nova Zelandia) 2009 The Vintner's Luck Celeste 2010 Legend of the Seeker Maia Televisión 2011 The Almighty Johnsons Gaia Televisión 2011 Red Dog Rose 2011 Mona's Dream

Premios Premios Óscar Ano Categoría Filme Resultado2003Mellor actrizWhale RiderNomeada

Premios do Sindicato de Actores Ano Categoría Filme Resultado2003Mellor actriz secundariaWhale RiderNomeada

Véxase tamén

Ligazóns externas The Nativity Story

Categoría:Actores de cinema de Nova Zelandia Categoría:Actores infantís de Nova Zelandia Categoría:Actores de televisión de Nova Zelandia Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores infantís de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Australia Occidental Categoría:Australianos de ascendencia maorí