Plácido Álvarez Dobaño, nado en Muíños en 1958, é un político galego do PPdeG
Traxectoria Licenciado en Dereito pola USC, foi Secretario municipal do concello de Sarreaus e da Mancomunidade da Limia. Encabezou, como independente, a candidatura de Conxerxencia Centrista en Muíños en 1991 e foi concelleiro na oposición. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta, por tan só 11 votos de vantaxe sobre o ata entón alcalde socialista Rafael Pérez Martínez. Volveu ser elixido nas sucesivas eleccións, sempre con amplas maiorías absoluta, chegando incluso en 2011 a lograr tódolos concelleiros en xogo da Corporación, 9 de 9.
É deputado provincial dende 2003. Dende maio de 2009 foi vicepresidente primeiro da Deputación e voceiro do grupo provincial do Partido Popular na corporación provincial. Continuou como vicepresidente primeiro ata 2011 e como portavoz ata 2023, cando pasou a ser portavoz adxunto. Dende 2019 ocupa a vicepresidencia terceira da Deputación.
Compatibiliza os seus cargos no concello e na institución provincial coa secretaría do concello de Pereiro de Aguiar.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muíños
Ligazóns externas Noticia en Faro de Vigo "Plácido Álvarez Dobaño: ‘As deputacións son necesarias, outro tema é que necesiten adaptarse ós novos tempos’" entrevista de Susana Espinoso en La Región, 24 de maio de 2009. «Traballar con Baltar é difícil porque o acapara todo», entrevista de Miguel Ascón en La Voz de Galicia, 13 de maio de 2009. «Non descarto suceder a Baltar, pero non é o momento», entrevista en La Voz de Galicia, 28 de maio de 2011.
Categoría:Alcaldes de Muíños Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Muíños Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes