Mar y Tierra foi unha publicación periódica, voceiro da federación nacional de industria pesqueira da Confederación Nacional do Traballo. A súa cabeceira estaba deseñada por Álvaro Cebreiro.
Historia e características Veu substituír a Redención Marítima. O primeiro número, editado o 1 de xaneiro de 1932, foi impreso na Coruña e dirixido por José Villaverde Velo, coa axuda do patrón Manuel Montes. Posteriormente a súa redacción mudouse a Vigo, sendo dirixido por Manuel Fandiño Ricart, coa axuda de José Campos, Eduardo Collado, Dalmacio Bragado e o propio Manuel Montes. Na revista colaboraron militantes como Vicente Vales Lorenzo.
Distribuíase por todo o litoral español, pero tivo periodicidade irregular, por mor das dificultades económicas dos sindicatos mariñeiros, derivadas dos conflitos laborais. Mantívose até mediados de 1933.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1932 en Galicia Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:CNT Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos