Avelino García Ferradal nado na Rúa o 14 de novembro de 1960, é un político galego do Partido Popular de Galicia.

Traxectoria miniatura|Papeleta das Xerais de abril de 2019. Profesor, foi presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses«O importante é o equipo» La Voz de Galicia.. Encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Rúa en 2003 e 2007, sendo en ambas ocasións a forza máis votada, se ben non logrou a alcaldía tras pactalos independentes do RUA, PSdeG e BNG. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou novamente a candidatura do PPdeG á alcaldía da Rúa e foi elixido alcalde grazas á abstención do número 2 do RUA, Fernando Rodríguez Rodríguez, pese a que a formación independente optara por un novo tripartito cos socialistas e nacionalistas"Fernando Rodríguez le da la Alcaldía de A Rúa al PP, al romper la disciplina de grupo" Faro de Vigo.. Nomeou a Rodríguez concelleiro de Urbanismo. Nese mandato deputado provincial e responsable da área de cultura.

Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía tras un pacto entre BNG e PSdeG. En 2017 substituíu a Edelmira Barreira no Senado. Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi na lista ao Congreso dos Deputados, mais non saíu escollido.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais na Rúa

Ligazóns externas "RUA y PP llegan a un «acordo de estabilidade» para el gobierno rués" La Voz de Galicia, 10/9/2011. "El PP de A Rúa arropa a García Ferradal tras conocer el respaldo de Baltar" La Voz de Galicia, 04/11/2002. "Ferradal decidió dejar la presidencia del Instituto de Estudios Valdeorreses" La Voz de Galicia, 21/11/2003.

Categoría:Alcaldes da Rúa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados na Rúa Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Senadores de España polo PP