La Verdad foi un semanario publicado en Marín en 1923.

Historia e características Subtitulado Semanario Independiente, apareceu o 7 de xuño de 1923. Manifestou unha orientación socialista e estaba vinculado con Solidaridad, portavoz do Partido Socialista Obreiro Español de Vigo. Cada exemplar tiña oito páxinas, custaba dez céntimos e imprimíase na Imprenta Obrera de Pontevedra. No periódico colaboraron José Lombardía, José Pazó Rodríguez, Ángel Rodríguez del Castro, Lorenzo Corbacho (presidente da agrupación socialista de Moaña en 1922) e Miguel de Unamuno. Manifesta preocupación polos problemas locais, en especial os que atinxen a obreiros e campesiños, e hai unha constante denuncia do caciquismo que practican os afiliados ao Partido Radical de Alejandro Lerroux e continuos ataques a La Voz del Campo, órgano da Federación Agraria Municipal de Marín, ao que se cualifica de emilianista. Probablemente se deixou de publicar no mesmo 1923.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Marín Categoría:1923 en Galicia Categoría:Prensa socialista