Julio María Sanguinetti Coirolo, nado en Montevideo o o 6 de xaneiro de 1936, é un avogado, historiador, xornalista e político uruguaio. Foi tres veces deputado, dúas veces ministro, senador e Presidente da República en dous períodos, 1985-1990 e 1995-2000. É membro do sector "Foro Batllista" do Partido Colorado, do cal foi Secretario Xeral de 1983 a 1985 e de 2004 a 2009. É autor dunha extensa biografía do pintor Pedro Figari.

Traxectoria Julio María Sanguinetti naceu no seo dunha familia de inmigrantes italianos de clase media. A súa base educativa realizouse en escola e liceo público. En 1955 ingresou na Universidade da República e converteuse en Doutor en Dereito e Ciencias Sociais en 1961.

Está casado coa historiadora Marta Canessa, con quen tivo dous fillos, Julio Luis e Emma Sanguinetti, e catro netos. Reside na zona de Punta Carretas, en Montevideo.

É doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela que llo concedeu en 1999.

Notas

Categoría:Presidentes do Uruguai Categoría:Nados en 1936 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Uruguaios de ascendencia italiana Categoría:Alumnos da Universidade da República Categoría:Avogados do Uruguai