Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Traxectoria Catedrático de Latín e Castelán, chegou á Coruña para ocupar a cátedra de Latín e Lingua Española no instituto de ensinanza media. Integrouse en actividades relacionadas coa cultura galega. Foi membro numerario da Real Academia Galega. Publicou traballos filolóxicos en El Liberal e La Voz de Galicia.

Obras miniatura|300px|Elección de Eladio Rodríguez como presidente da RAG, 20/11/1926. Gramática castellana razonada según los actuales conocimientos lingüísticos, 1897. Gramática latina razonada según los actuales conocimientos lingüísticos, 1897. Colección de trozos de literatura latina, 1898. Compendio de gramática castellana, 1905. Entretenimientos gramaticales, 1935 (escolma dos seus artigos).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Profesores de educación secundaria