200px|miniatura|Inscrición sumeria do século -XXVI dereita|miniatura|200px|A tabela sobre o diluvio do Poema de Gilgamesh, escrita en lingua acadia.

A literatura sumeria é a literatura máis antiga do mundo.Electronic Text Corpus of Sumerian Literature (en inglés) Os sumerios idearon o primeiro sistema de escritura, comezando con logogramas cuneiformes, que evolucionaron a un sistema de escritura silábico. A lingua sumeria mantívose en uso oficial e literario nos Imperios Acadio e Babilonio, ata despois de que a lingua falada desaparecese da poboación; a alfabetización estaba estendida, e os textos sumerios que copiaban os estudantes exerceu posteriormente unha influencia na literatura babilónica. A literatura sumeria non chegou ata nós directamente, senón que debeu de ser redescuberta a través da arqueoloxía. No entanto, os acadios e babilonios recibiron unha grande achega da herdanza literaria sumeria, cuxas tradicións contribuíron a estender por Oriente Medio, influíndo en gran medida a literatura que xurdiría en dita rexión, incluíndo a Biblia.

Obras literarias Obras importantes da literatura sumeria inclúen: Un mito sumerio da Creación e o Diluvio (en inglés) Dúas lendas de Enmerkar: Enmerkar e o señor de Aratta (tradución ao inglés). Enmerkar e En-suhgir-ana (en inglés). Dúas lendas de Lugalbanda durante a campaña contra Aratta: Lugalbanda na Cova Montañosa (en inglés). Lugalbanda e o paxaro Anzud (tradución ao inglés). Cinco historias no Poema de Gilgamesh: Gilgamesh e Aga (en inglés). Gilgamesh e o Touro do Ceo (en inglés). A morte de Gilgamesh (en inglés). Gilgamesh, Enkidu e o Mundo Inferior (en inglés). Gilgamesh e Huwawa (versión A, versión B).

Notas

Véxase tramén Ligazóns externas Catálogo de obras literarias do Electronic Text Corpus of Sumerian Literature

Categoría:Historia da literatura