Jeremy Miles Tyler, nado o 21 de xuño de 1991 en San Diego, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Liaoning Flying Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria profesional Israel O 7 de agosto de 2009, asinou un contrato co Maccabi Haifa B.C. da liga israelí. Tyler xogou tan só 10 partidos, nos que fixo 2.1 puntos en 7.6 minutos por partido. O 18 de marzo de 2010, deixou oficialmente o Maccabi.Tyler quits Maccabi with 2 months left

Xapón O 29 de xullo de 2010, Tyler asinou un contrato co Tokyo Apache da liga Xapón, xa que non podía presentarse ao Draft da NBA ata o ano 2011. En 33 partidos, acadou 9.9 puntos cunha porcentaxe de tiro dun 51.7%, e 6.4 rebotes en 15.4 minutos de xogo por partido.http://www.asia-basket.com/player.asp?Cntry=JPN&PlayerID=132227

NBA Tyler foi elixido na 39ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Charlotte Bobcats, pero poucos minutos despois foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de diñeiro. O 27 de febreiro de 2012, foi asignado ós Dakota Wizards. Foi chamado de volta o 6 de marzo de 2012.Warriors Recall Jeremy Tyler From Dakota Durante a maior parte do seu ano coma rookie apenas tivo minutos de xogo, pero o 21 de marzo contra os New Orleans Hornets, xogou o seu primeiro partido coma titular, na posición de pivote. Permaneceu no quinteto titular do equipo ata o remate da tempada.

Durante a tempada 2012-13, foi asignado varias veces ós Santa Cruz Warriors da NBA D-League.

O 21 de febreiro de 2013, Tyler foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio dunha futura elección de segunda rolda do Draft.Warriors Trade Jeremy Tyler to Atlanta O 6 de marzo de 2013, Tyler foi cortado polos Hawks.HAWKS WAIVE JEREMY TYLER O 13 de marzo de 2013, uniuse de novo ós Santa Cruz Warriors.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBAdraft.net Perfil en DraftExpress.com Perfil en Scout.com Perfil en Rivals.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en San Diego Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores do Maccabi Haifa BC Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Fujian Sturgeons Categoría:Xogadores dos Tianjin Pioneers‎ Categoría:Xogadores dos Sydney Kings Categoría:Xogadores dos Atléticos de San Germán