Os policéntridos ( Polycentridae ) ou peixes folla son unha familia de peixes de río incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por ríos de Suramérica.

Características Trátase de peixes moi pequenos, que non superan os 8 cm de lonxitude. A cabeza e boca son longas, sendo esta última extremadamente protráctil. Posúen unha aleta dorsal continua con 16-18 espiñas e 7-13 radios brandos; esta parte branda adoita ser transparente, e é o único que move cando se aproxima á presa, que non detecta así o seu movemento. Non teñen liña lateral.

Poñen os ovos baixo as follas das plantas acuáticas ou en pequenas gretas, e o macho é quen coida tanto os ovos como as larvas.miniatura|300px|Monocirrhus polyacanthus|centro Clasificación Comprende dous xéneros cunha única especie cada un: Xénero Monocirrhus Monocirrhus polyacanthus (Heckel, 1840) (en ríos de toda Suramérica) Xénero Polycentrus Polycentrus schomburgkii (Müller e Troschel, 1849) (en ríos de Venezuela e Güiana.

Véxase tamén Ligazóns externas

Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS

Categoría:Percoideos