Attila é unha ópera nun prólogo e tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera e Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Attila, König der Hunnen de Zacharias Werner. Foi estreada o 17 de marzo de 1846 no Gran Teatro La Fenice de Venecia.

Trátase dunha ópera composta na etapa verdiana "de galeras", urxente, rápida, xuvenil. É unha das caracterizadas por matices patrióticos e que deron fama a Verdi como compositor político. Ademais do tema patriótico, as personaxes teñen perfís psicolóxicos interesantes, coma o propio Atila, que é moito máis que un malvado ao uso.

Esta ópera represéntase pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto n.º 136 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 46.ª en Italia e a décimo quinta de Verdi, con 23 representacións nese período.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 17 de marzo de 1846Lista de Budden, p. 244.(Director: -)Atila (rei dos hunos)baixoIgnacio MariniAecio (xeneral romano)barítonoNatale CostantiniOdabella (filla do señor de Aquilea, prometida de Foresto)sopranoSofía LoeweForesto (cabaleiro de Aquilea) tenorCarlo GuascoUldino (xove bretón escravo de Atila)tenorEttore ProfiliLeón I (vello papa romano)Descrito no score como Saint Leo.baixoGiuseppe RomanelliCapitáns, cabaleiros e soldados dos hunos, curas, xente de Aquilea, soldados romanos e povo de Roma.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Venecia Categoría:Óperas de 1846