Santiago Iglesias Pantín, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1872 e finado en Washington, D.C. o 5 de decembro de 1939, foi un político e sindicalista galego, organizador do primeiro partido socialista de Porto Rico.

Traxectoria miniatura|Placa conmemorativa na casa onde naceu na Coruña. Estudou en Galicia e foi aprendiz de ebanista. Embarcouse en 1887 para Cuba. Na Habana participou na organización de actividades sindicais. En 1896 abandonou Cuba e embarcouse coa intención de viaxar a Inglaterra; non obstante, desembarcou en Porto Rico. En maio de 1897 fundou Ensayo Obrero. Foi encarcerado e pasou sete anos en prisión. Fundou o Partido Obreiro Socialista de Porto Rico e o Partido Socialista Portorriqueño, que representou no Senado dos Estados Unidos (1917-1932). Formou parte do primeiro Comité de Conferencias que dirixiu un Manifesto aos Traballadores da América Latina en 1918. Desenvolveu a Federación Libre de Trabajadores, integrada na AFL, e a Confederación Panamericana del Trabajo, da que foi secretario executivo a comezos da década de 1920. Desempeñou o cargo de comisionado residente de Porto Rico en Washington, e interveu no Congreso dos Estados Unidos de América para reclamar unha lexislación federal para a illa.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Fernández, Tomás e Tamaro, Elena (2004). "Biografia de Santiago Iglesias Pantín" Biografías y Vidas .

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Portorriqueños de ascendencia galega Categoría:Políticos de Porto Rico Categoría:Sindicalistas de Cuba Categoría:Sindicalistas de Porto Rico Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1939