Big Whiskey and the GrooGrux King é o sétimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Dave Matthews Band, editado o 2 de xuño do 2009 a través do selo RCA Records.
Trátase do primeiro álbum de estudio do grupo dende o ano 2005, cando publicaron Stand Up, e tamén é a primeira edición dende a morte do saxofonista LeRoi Moore. O guitarrista Tim Reynolds tocou no traballo, sendo a súa primeira gravación coa banda dende o álbum Before These Crowded Streets de 1988. Rashawn Ross fai a súa primeira aparición nun álbum de estudio de Dave Matthews Band dende que se unise como membro da banda de xira en 2006, ao igual que Jeff Coffin, que ocupou o lugar de Moore en xuño de 2008.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Dave Matthews Band Categoría:Álbums musicais de 2009 Categoría:Álbums producidos por Rob Cavallo Categoría:Álbums de RCA Records