Able foi o nome dun foguete espacial estadounidense fabricado por Aerojet e usado como etapa secundaria doutros foguetes. Os primeiros modelos (usados conxuntamente con foguetes Vanguard) usaban un motor foguete modelo AJ10-37. Modelos posteriores usaron motores AJ10-41 ou AJ10-42.

O Able foi posteriormente desenvolvido ata chegar ao Able-Star.

Able-Star Able-Star ou Ablestar foi un foguete espacial estadounidense fabricado por Aerojet e usado como etapa secundaria doutros foguetes. Funcionaba a base de ácido nítrico e UDMH.

Características O Able-Star foi desenvolvido a partir do foguete Able debido ao requirimento da Forza Aérea dun aumento das capacidades do foguete orixinal. Así, os 34,7 kN de pulo do Able pasaron a ser 37,0 kN no Able-Star, e un maior tamaño permitiu un tempo de ignición de máis do dobre de duración. O Able-Star foi tamén deseñado para poder ser reencendido no espazo. O tempo de desenvolvemento e cualificación do novo deseño foi de oito meses, a maior parte dos cales dedicouse a deseñar, desenvolver e cualificar os novos tanques de propelente, máis grandes, e os tanques de helio, feitos de titanio.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Thor-Able Atlas-Able

Categoría:Foguetes espaciais