O campionato de fútbol de Nova Zelandia (en inglés New Zealand Football Championship), coñecido por razóns de patrocinio como ASB Premiership, é a principal liga profesional de fútbol en Nova Zelandia.

Fundouse en 2004, incluíndo ás oito franquías que desde entón participaron en todas as tempadas, CAuckland City FC, Canterbury United, Hawke's Bay United, Otago United, Team Wellington, Waikato FC, Waitakere United e YoungHeart Manawatu. Estas oito franquías fundáronse en 2004 para poder participar neste campionato, a maioría son agrupacións de distintos equipos de determinadas rexións. Cada un representa a unha rexión de Nova Zelandia.

Un dos partidos máis importantes e atraíntes é o clásico de Auckland, que ten como protagonistas ao Auckland City e ao Waitakere United.

A liga dispútase nos meses de verán, para non interferir cos torneos de fútbol semiprofesionais que se disputan no inverno, e está organizada pola Asociación de Fútbol de Nova Zelandia.

Formato

A competición é unha liga pechada a oito franquías deportivas, que representan ás rexións máis poboadas do país e están controladas por consorcios de clubs. Hai unha liga regular, con dúas roldas a ida e volta, e regulamento FIFA. Ao termo da mesma, os catro mellores clasifícanse para unha rolda eliminatoria, a dous partidos en semifinais e unha gran final a encontro único, que se celebra no estadio do equipo máis forte. Non hai ascensos nin descensos.

O equipo que vence na gran final proclámase campión de liga, e representará a Nova Zelandia na Liga de Campións da OFC. Do mesmo xeito, o campión da liga regular tamén obtén unha praza, e no caso de que un club gañe ambos os trofeos, a praza pasa para o perdedor da final. O campionato dispútase nos meses de verán, desde novembro ata abril, para non coincidir cos torneos semiprofesionales de inverno, nos que participan os clubs e asociacións que controlan as franquías.

Equipos Temporada 2013/14 Equipos actuaisEquipoCidadeEstadioCapacidadeAdestradorAno ingresoNome(s) anterior(es)Auckland City Football ClubAucklandKiwitea Street6.000 Ramon Tribulietx2004Canterbury United DragonsChristchurchEnglish Park2.000 Keith Braithwaite2004Canterbury United Football ClubHawke's Bay UnitedNapierBluewater Stadium4.000 Matt Chandler2004Napier City RoversOtago UnitedDunedinForsyth Barr Stadium30.500 Richard Murray2004Team WellingtonWellingtonNewton Park5.000 Matt Calcott2004WaiBOP UnitedHamiltonFred Jones Park2.000 Mark Cossey2004Waikato Football ClubWaitakere UnitedWaitakereFred Taylor Park10.000 Paul Marshall2004Selección Sub-20 de Nova ZelandiaPor definirse Chris Milicich2013Equipos anterioresEquipoCidadeEstadioCapacidadeÚltimo adestradorAno ingresoAno desafiliaciónYoungHeart ManawatuPalmerston NorteMemorial Park8.000 Stu Jacobs20042013

Historia miniatura|Situación dos clubs do campionato e da zona que representan. As orixes da actual liga neozelandesa atópanse no primeiro campionato nacional de fútbol no país, a Liga Nacional de Nova Zelandia. A súa primeira edición tivo lugar en 1970 coa participación de oito clubs procedentes de torneos rexionais, que estaban integrados na súa maioría por xogadores afeccionados ou semiprofesionais. En 1992, a liga desapareceu por problemas financeiros, e probáronse ata catro formatos distintos, que non gozaron de continuidade. Entre outras razóns, os torneos non eran viables no económico polo escaso interese do público e a baixa profesionalización das entidades.

Finalmente, en 2003 creouse o sistema actual de liga, baseado en franquías deportivas e que se celebraría no verán. Os clubs participantes son entidades profesionais, xestionadas por consorcios de equipos que participan nos torneos invernais do país. As franquías poden colaborar con outros clubs, caso do Team Wellington, que mantén un convenio de colaboración con Wellington Phoenix, representante neozelandés na liga australiana. O sistema está controlado pola Asociación de Fútbol de Nova Zelandia, que supervisa a viabilidade económica das franquías e controla que a maioría de rexións do país estean representadas.

A primeira tempada foi a 2004/05, na que o Auckland City FC alzouse co seu primeiro trofeo, algo que se repetiría nas dúas seguintes tempadas, 2005/06 e 2006/07. Pero en 2007/08, o Waitakere United cortaría coa hexemonía do Auckland City. Malia iso, en 2008/09 Auckland City foi campión novamente, chegando así á suma de catro títulos. Os torneos de 2009/10, 2010/11 e 2011/12 foron gañados polo Waitakere United, alcanzando ao Auckland en cantidade de logros. A hexemonía destes dous equipos é moi grande, só o YoungHeart Manawatu, Team Wellington e Canterbury United puideron lograr segundos postos, xa sexa nos playoffs ou no torneo regular.

Campionatos

TempadaCampiónResultadoSubcampiónPrimeiro fase regular2004/05Auckland City FC3-2Waitakere UnitedAuckland City FC2005/06Auckland City FC3 (4)-(3) 3Canterbury UnitedAuckland City FC2006/07Auckland City FC3-2Waitakere UnitedWaitakere United2007/08Waitakere United2-0Team WellingtonWaitakere United2008/09Auckland City FC2-1Waitakere UnitedWaitakere United2009/10Waitakere United3-1Canterbury UnitedAuckland City FC2010/11Waitakere United3-2Auckland City FCWaitakere United2011/12Waitakere United4-1Team WellingtonAuckland City FC2012/13Waitakere United4-3Auckland City FCWaitakere United

Premios

Bota de ouro

Aínda que o goleador do torneo é recoñecido desde a primeira edición, foi a partir de 2007 que se introduciu un premio para o xogador que conseguise devandito logro, o Golden Boot.

Tempada Xogador Equipo Goles2004/05 Keryn JordanWaitakere United182005/06 Keryn JordanAuckland City FC232006/07 Benjamin TotoriYoungHeart Manawatu242007/08 Graham LittleTeam Wellington122008/09 Luis CorralesTeam Wellington122009/10 Seule SoromonYoungHeart Manawatu92010/11 Allan PearceWaitakere United132011/12 George SlefendorfasCanterbury United122012/13 Roy KrishnaWaitakere United19

Véxase tamén Outros artigos Selección de fútbol de Nova Zelandia

Categoría:Campionato de Fútbol de Nova Zelandia