lang=gl|miniatura|dereita|200px|Vista detallada dunha bomba hidráulica. Unha máquina hidráulica é unha variedade de máquina de fluído que emprega para o seu funcionamento as propiedades dun fluído incompresible ou que se comporta como tal, debido a que a súa densidade no interior do sistema non sofre variacións importantes.
Convencionalmente especifícase para os gases un límite de 100 mbar para o cambio de presión; de modo que se este é inferior, a máquina pode considerarse hidráulica. Dentro das máquinas hidráulicas o fluído experimenta un proceso adiabático, é dicir, non existe intercambio de calor co contorno.
Clasificación miniatura|200px|Bomba de engrenaxes. miniatura|200px|Bomba de engrenaxes. miniatura|200px|Bomba de engrenaxes.
As máquinas hidráulicas pódense clasificar atendendo diferentes criterios.
Segundo a variación de enerxía Nos motores hidráulicos, a enerxía do fluído que atravesa a máquina diminúe, obténdose enerxía mecánica, mentres que no caso de xeradores hidráulicos, o proceso é o inverso, de xeito que o fluído incrementa a súa enerxía ao atravesar a máquina.
Atendendo ao tipo de enerxía fluidodinámica que se intercambia a través da máquina temos:
Máquinas nas que se produce unha variación da enerxía potencial, como por exemplo, o parafuso de Arquimedes. Máquinas nas que se produce unha variación da enerxía cinética, como por exemplo, aeroxeradores, hélices ou turbina pelton. Estas denomínanse máquinas de acción e non teñen carcasa. Máquinas nas que se produce unha variación da entalpía (presión), como por exemplo, as bombas centrífugas. Estas máquinas denomínanse máquinas de reacción.
Segundo o tipo de intercambio Tendo en conta a forma coa que se intercambia a enerxía dentro da máquina, temos:
Máquinas de desprazamento positivo ou volumétricas. Trátase dun dos tipos máis antigos de máquinas hidráulicas e baséanse no desprazamento dun volume de fluído comprimíndoo. O exemplo máis claro deste tipo de máquinas é a bomba de aire para bicicletas. Subministran un caudal que non é constante, para evitalo en ocasións únense varias para lograr unha maior uniformidade. Estas máquinas son apropiadas para subministracións de alta presión e baixos caudais.
Segundo a envoltura Atendendo á presenza ou non de carcasa:
Máquinas non entubadas como poden ser as máquinas de acción. Máquinas entubadas.
Segundo o movemento Existen outros criterios, como a división en rotativas e alternativas, dependendo de se o órgano intercambiador de enerxía ten un movemento rotativo ou alternativo, esta clasificación é moi intuitiva pero non atende ao principio básico de funcionamento destas máquinas.
Na seguinte táboa amósase un resumo da clasificación das máquinas hidráulicas (l=líquido, g=gas).
Motoras Volumétricas Alternativas - Bombas de émboloAs máquinas volumétricas, exceptuando algunhas máquinas rotoestáticas que polo seu deseño non poden inverter o seu movemento, son reversibles, de modo que poden funcionar indistintamente como xeradoras ou motoras Rotativas - Bombas rotoestáticas Turbomáquinas Turbinas hidráulicas Aeroxeradores (g) (Máquina axial) Xeradoras Volumétricas Alternativas - Bombas de émbolo Rotativas - Bombas rotoestáticas Turbomáquinas Bombas rotodinámicas ou centrífugas (máquina radial) (l)Ventiladores (g) (Máquina axial)
Compoñentes Bombas Válvulas de control Actuadores Depósitos Acumuladores Tubos e mangueiras Xuntas e peches Intercambiadores Fluído hidráulico Sistemas de filtración Parafusos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cilindro hidráulico Motor hidráulico Bomba hidráulica Ligazóns externas
Categoría:Máquinas