Chryse Planitia (procedente do grego, para "Chaira Dourada") é unha suave chaira circular do hemisferio norte de Marte, fai fronteira ó norte con Acidalia Planitia e ó noroeste con Terra Tempe, cara ao leste con Arabia Terra, cara ao suroeste con Lunae Planum e no sur fai fronteira con Xanthe Terra e con Magaritifer Terra,, está centrada sobre as coordenadas 28,43° S 319,69° E. Chryse Planitia está a cabalo entre o cuadrante de Lunae Palus e o cuadrante de Oxia Palus. Posúe un diámetro medio de máis de 1.500 kms e o seu chan está a máis 2,5 km por debaixo do nivel do mar marciano, e pensase que é unha antiga cunca nacida a través dun grande impacto; ten algunhas semellanzas cos mares lunares, coma fallas e dorsais. A densidade de cráteres con diámetros entre 100 m a 2 km é moi parecida á media existente nos mares lunares.
Chryse Planitia amosa evidencias dunha erosión por auga acontecida no pasado e é o destino final de moitos regueiros e grandes canles que proveñen das terras altas que case rodean por completo (excepto polo norte) á planitia, incluso recolle canles que nacen no Valles Marineris e nas ladeiras da rexión de Marte. Xa que é unha das rexións máis baixas de Marte (2–3 km por debaixo da altitude media do planeta), a auga tende a fluír cara a ela. As maiores elevacións proveñen xeralmente dende a área de Tharsis e está altitude vai descendendo cara Chryse. Cara ao leste, cara a Arabia Terra, a altitude tamén se incrementa, pero Arabia Terra non acada as altitudes das Terras ó oeste e sur de Chryse Planitia. O enorme Ares Vallis provén tamén da rexión de Tharsis, viaxa atravesando case toda a Margaritifer Terra e morre en Chryse. Os Tiu Valles e Simud Valles veñen tamén a morrer a Chryse.Victor R. Baker.1982.The Channels of Mars, ISBN 0-292-71068-2 Moitos destes antigos vales foron descubertos polas sondas Viking, proporcionando evidencias fiables de cursos de auga fluíndo nunha época pasada sobre a superficie de Marte.Strom, R.G., Steven K. Croft, and Nadine G. Barlow, "The Martian Impact Cratering Record," Mars, University of Arizona Press, ISBN 0-8165-1257-4Raeburn, P. 1998. Uncovering the Secrets of the Red Planet Mars. National Geographic Society. Washington D.C.Moore, P. et al. 1990. The Atlas of the Solar System. Mitchell Beazley Publishers NY, NY.
Tense proposto que a cunca de Chryse puido no pasado conter un gran lago ou un océano durante a idade Hespérica ou a principios da idade Amazónica xa que tódalas canles e vales que morren en Chryse, fano á mesma altitude, o cal podería indicar unha antiga liña de costa. A cunca plana de Chryse ábrese (atravesando Acidalia Planitia) cara a Vastitas Borealis, a gran cunca plana que ocupa todo o polo norte marciano, se existiu un océano no polo norte marciano, Chryse sería unha gran baía dese océano.
A Viking 1 aterrou en Chryse Planitia, pero a lugar de aterraxe non estaba preto das canles e o terreo nese punto era principalmente de orixe volcánica. A Mars Pathfinder aterrou xusto na desembocadura de Ares Vallis, xusto entre a fronteira de Chryse Planitia e Margaritifer Terra.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tempe Terra Arabia Terra Acidalia Planitia
Ligazóns externas Google Mars scrollable map - centered on Chryse Planitia Martel, L.M.V. (Xuño de 2001) Outflow Channels May Make a Case for a Bygone Ocean on Mars. Planetary Science Research Discoveries. http://www.psrd.hawaii.edu/June01/MarsChryse.html Mapa coas fronteiras das rexións de Marte Mapa topográfico de Marte, con nomenclatura detallada das rexións de Marte
Categoría:Planicies e chairas de Marte