Pedro Feijoo Barreiro, nado en Vigo o 23 de novembro de 1975, é un músico e escritor galego.
Traxectoria É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz-Andrade. En 2005 publicou Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego.
En 2011 publicou o relato "O segredo do viaduto" no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. A súa primeira novela, Os fillos do mar (2012), foi finalista do Premio Xerais en 2011. En 2013 publica A memoria da choiva, novela arredor da figura de Rosalía de Castro. En 2015 cambia de rexistro con Morena, perigosa e románica, a súa novela máis cómica. En 2017 sae Os fillos do lume, na que os mesmos personaxes de "Os fillos do mar", se enfrontan a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación. Para o autor está a cabalo entre a novela histórica e o suspense. En 2018 publica Sen piedade, un libro terrible e dolorosamente persoal, segundo o autor. Tamén en 2018 sae Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, un libro de a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas.
Obras miniatura|Susana Pedreira entrevista a Pedro Feijoo sobre Un lume azul na Libraría Cronopios de Pontevedra o 12/12/2019
Narrativa Os fillos do mar (2012). Xerais. 432 páxs. (En 2019 ía pola 11ª edición). ISBN 978-84-9914-346-0. ePub: ISBN 978-84-9914-475-7.Os fillos do mar na páxina web de Xerais. En castelán: Los hijos del mar (2013). Espasa Libros. 432 páxs. ISBN 9788467031119. A memoria da choiva (2013). Xerais.A memoria da choiva na páxina web de Xerais.. 472 paxs. (En 2019 ía pola 8ª edición). ISBN 978-84-9914-570-9. Epub: 978-84-9914-556-3. En castelán: La memoria de la lluvia (2016). Versátil Ediciones. ISBN 9788416580248. Morena, perigosa e románica (2015). Xerais. 432 páxs. ISBN: 978-84-9914-919-6. ePub: ISBN 978-84-9914-922-6.Morena, perigosa e románica na páxina web de Xerais. En castelán: Morena, peligrosa y románica: ¡Una comedia dantesca! (2015). Versátil Ediciones. ISBN 978-84-943582-9-6. Os fillos do lume (2017). Xerais. 504 páxs. ISBN 978-84-9121-231-7. ePub: ISBN 978-84-9121-232-4.Os fillos do lume na páxina web de Xerais. En castelán Los hijos del fuego (2017). Ediciones B. 512 páxs. ISBN 9788466661225. Sen piedade (2018). Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9121-400-7. ePub: ISBN 978-84-9121-376-5.Sen piedade na páxina web de Xerais. Un lume azul (2019). Xerais. 576 páxs. ISBN 978-84-9121-615-5. ePub: ISBN 978-84-9121-603-2. En castelán Un fuego azul (2020). Ediciones B. 528 páxs. ISBN 9788466667128. Ninguén contará a verdade (2023). Vigo: Xerais. Premio Xerais de novela. 640 páxs. ISBN 978-84-1110-432-6. ePub: ISBN 978-84-1110-434-0. En castelán Nadie contará la verdad (2023). Ediciones B. 544 páxs. ISBN 9788466675789. Onde nacen as bestas (2025). Vigo: Xerais. 536 páxs. ISBN 978-84-1110-685-6. ePub: ISBN 978-84-1110-692-4. En castelán Donde nacen las bestias (2025). Ediciones B. 512 páxs. ISBN 978-8466682152.
Ensaio Cousas do "Galicia", por Castelao (1997). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-847-8. Viva o Fu Remol! (2005) Xerais. 256 páxs. ISBN 978-84-9782-352-4. Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade (2018). Xerais. (2ª ed. en 2019). 184 páxs. ISBN 978-84-9121-326-0.Camiñar o Vigo vello na páxina web de Xerais.
Libros colectivos
O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.
Premios
Certame de Relatos Curtos Os Viadutos por "O segredo do viaduto". Premio Xerais no 2023 por Ninguén contará a verdade. Xa fora finalista no 2011, por Os fillos do mar. Premio Arcebispo San Clemente no 2013, por Os fillos do mar. Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2014, por Os fillos do mar. Premio Arcebispo San Clemente no 2016, por A memoria da choiva. 2023: XL Premio Xerais de novela por Ninguén contará a verdade. 2026: X Premio de Novela Cartagena Negra por Donde nacen las bestias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Quero usar a ficción para reflexionar sobre a historia" El País, 10/5/2012. Itinerario Camiñar o Vigo vello, por Pedro Feijoo. 2018, YouTube. Presentación de Sen piedade. Libraría Cartabón, 2018, YouTube.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Gañadores do Premio Xerais