miniatura|125px|Mono. miniatura|125px|Mono de peto.

O mono<ref>mono3 s.m. Traxe de faena dunha soa peza; funda.Definición do Gran dicionario Xerais da lingua.</ref> ou funda é unha peza de roupa de traballo dunha soa peza, é dicir, traxe de pantalón e corpo nunha soa peza, fabricado de tea forte, que usan os obreiros, motoristas, mecánicos etc., e que adoita poñerse sobre a roupa corrente para protexela (mono de traballo).

Aínda que ideado orixinalmente como roupa de traballo, é bastante popular o uso dunha peza de vestir parecida a este traxe en nenos (mono de bebé), e tamén é usado por moitos adultos, especialmente mulleres, que utilizan pezas de características sinilares como roupa de vestir ou deportiva (mono de vestir).mono s. (...) 5. fig. Mono, traxe de faena de corpo completo e unha soa peza, de tea resistente. 6. Mono, por extensión, calquera peza de vestir ou deportiva de características similares. (...)Acepcións 5ª e 6ª do Gran dicionario Século21 galego/castelán cstelán/galego, Galaxia/O Cumio (2006). Coincidentes cos acepcións 4ª e 5ª do Gran dicionario Século21 da lingua Galega, Galaxia/O Cumio (2006).

Outro tipo de mono é un pantalón cun peto na parte dianteira e tirantes'' na parte posterior.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pichi

Ligazóns externas

Mono como peza de roupa Consultada o 29/3/2012. Mono para acudir a unha festa ou a unha voda? Consultada o 29/3/2012. O jumper ou mono, a peza de roupa máis casual do mercado Consultada o 29/3/2012. Imaxes de mono, peza de vestir Consultada o 29/3/2012 Oficina Española de Patentes y Marcas. Prenda de vestir perfeccionda PDF Consultada o 29/3/2012. Oficina Española de Patentes y Marcas. Prenda de vestir monopieza con abertura universal PDF Consultada o 29/3/2012.

Categoría:Vestimenta