MissouriMissouri Estado... Enciclopedia Galega Universal, t. 12, p. 134.Missouri Estado... Diciopedia do século 21, t. 2, p. 1382.Missouri Estado... Diccionario enciclopédico galego universal, t. 42, pp. 57-58.Missouri en e (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, p. 163, Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0. é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Missouri é o estado americano que limita con máis estados no país. Son en total oito estados cos cales Missouri fai límite: con Iowa ao norte, Illinois, Kentucky e Tennessee ó leste (separados polo río Mississippi), ao sur con Arcansas e ó oeste con Oklahoma, Kansas e Nebraska.
O produto interno bruto de Missouri, en 2003, foi de 29 464 dólares, o vixésimo sétimo maior do país. As principais industrias do estado son a industria aeroespacial, equipamentos de transporte, procesamento de alimentos, produtos químicos, material impreso e publicitario e equipamentos electrónicos. Os principais produtos agropecuarios de Missouri son bovinos, porcinos, soia, palla, trigo e ovos. O estado posúe a sétima maior produción de carne bovina do país, e preto de 108 mil facendas, o segundo maior número, atrás só de Texas. O turismo é tamén unha importante fonte de renda do estado.
esquerda|miniatura|Reverso do medio dólar do Centenario de Missouri (1921).|160x160px
Missouri facía parte orixinalmente da Compra de Luisiana, tendo sido admitido como un estado americano en 1821 por causa do Compromiso de Missouri. O Estado recibiu o seu alcume de Portal para o Oeste porque o estado serviu como un punto de partida para persoas partindo rumbo ao Oeste americano. Durante a Guerra Civil Americana, Missouri, un estado escravista, dividiuse, con partes adherindo á Unión e partes secedendo da Unión e xuntándose cos Estados Confederados de América. Derrotado, foi readmitido na Unión en 1867.
Notas
Categoría:Missouri