Atis (en grego clásico Άττις Áttis) ou Córibas é, na mitoloxía grega e frixia,"Unha suposta conexión lidia, basada nos estudosos do século XIX sobre unha conexión có Atis de Heródoto, e repetida pola maioría das fontes modernas a excepción de Walter Burkert, foi examinada e descartada por " o fillo/amante de Cibeles, o seu servinte eunuco e condutor da súa carroza tirada por leóns. Atis entoleceu por causa de Cibeles e se castrou a si mesmo. Inicialmente Atis era un deus local de Frixia, con raigame no gran centro comercial frixio de Pesino, situado no sopé do monte Agdistis. A montaña era personificada como un daemon, a quen os estranxeiros emparentaban coa Gran Nai Cibeles.

Os seus sacerdotes eran eunucos, tal como se explica na orixe do mito en referencia a Atis e a castración, ocorrida trala chegada de Cibeles á súa voda cunha ninfa que remata con todo o mundo entolecendo e autocastrándose, esta parte do ritual acabaría converténdose no bautismo de sangue do "Taurobolio".

Orixes e mito O culto a Atis comezou contra o 1200 a. C. no monte Díndimo (actualmente Murat Dağı en Gediz, Kütahya). A finais do século IV o culto a Atis cobrou forza no mundo grego. A historia da súa orixe en Agdistis, rexistrada polo viaxeiro-xeógrafo Pausanias, posúe certos elementos que claramente non son gregos: a Pausanias dinlle que o daemon Agdistis inicialmente tiña atributos tanto masculinos como femininosPausanias vii.19. "Un monstro hermafrodita, Agditis, naceu dunha pedra fecundada por Zeus. Os deuse decidiron castralo e transformalo en deusa Cibeles, tras unha variante, do sangue do hermafrodita naceu unha amendoeira, comendo unha das súas améndoas, Nana, a filla de do río Sangarios, quedou preñada e deu luz a un neno, Attis. Unha vez máis, Attis celebraba o seu casamento coa filla do rei, cando Cibeles, quen lle profesaba un amor louco, se introduce na sala do festín. Os asistentes enlouqueceron colectivamente: o rei amputouse os seus xenitais; Attis tamén se autocastra baixo un piñeiro e morre.”

Accedendo aos rogos de Cibeles-Agditis, Zeus acepta que o corpo de Attis non se corrompa, que os seus cabelos non deixasen de medrar e que siga movendo o dedo mainiño.

Atis renace como Piñeiro sempre verde. Este renacemento era celebrado o 25 de marzo, o festival de "Hilaria". Segundo relatou o xeógrafo Estrabón, no templo de Cibeles en Pesino, a nai dos deuses era aínda chamada Agdistis.Estrabón, Geografía xii.5.3.

Na medida que o culto orxiástico de Cibeles se diseminou desde Anatolia ata Grecia e finalmente ata Roma durante a época de Claudio, o culto de Atis, seu consorte eunuco renacido, acompañouna. A primeira referencia literaria sobre Atis é o tema dun dos poemas mais famosos de Caio Valerio Catulo.Catulo, poema LXIII. pero parece que o culto de Atis en Roma non se acoplou co culto preexistente a Cibeles ata comezos do Imperio.Lambrechts (1962) adopta a postura de que previamente Atis fora un seguidor mortal de Cibeles, e que a súa resurrección foi un reflexo do cristianismo no século siglo II d. C.

Nacemento miniatura|Escultura de Atis. Museo de Éfeso (Turquía). Segundo Sir James George Frazer, o seu nacemento celebrábase en Roma o 21 de marzo (equinoccio de primavera). As festas de Atis celebrábanse en Roma do 15 ó 27 de marzo. Ó longo delas íanse cumprindo determinados ritos e cerimonias cos que se reproducían os actos principais da vida deste deus-home: nacemento, emasculación, morte e resurrección.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Criticado en

Ligazóns externas Brass Roman statuette of Attis, RheinischesLandesmuseum, Trier

Categoría:Deuses gregos Categoría:Deuses da natureza Categoría:Deuses da agricultura