Antonio Prieto Rivas, nado en Allariz en 1876 e finado en Ponteareas o 14 de abril de 1936, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria Trasladouse a Ponteareas moi novo para traballar nunha farmacia local. Rematada a carreira de Farmacia, estableceuse como farmacéutico en Ponteareas. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro e presidente local da Unión Patriótica. Integrouse no Partido Republicano Radical en 1931 seguindo a Emiliano Iglesias, e foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra por este partido nas eleccións xerais de 1933. Finou en Ponteareas o 14 de abril de 1936.El Diario de Pontevedra, 15-4-1936, p, 2.El Pueblo Gallego, 19-4-1936, p. 14.
Vida persoal
Casou con Elisa Barros Arbones.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Allariz Categoría:Farmacéuticos de Allariz Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1936