As fusobacterias (Fusobacteria) son un filo de bacterias con forma de bacilos, gramnegativas, anaerobias obrigadas e non formadoras de esporas. Desde os primeiros informes sobre estes microorganismos de finais do século XIX téñenselle aplicado diversos nomes, e ás veces aplicouse un mesmo nome a especies diistintas e había unha certa confusión entre os xéneros Fusobacterium e Leptotrichia. Anteriormente estaban clasificados coa familia dos Bacteroides, dos que foron separados. Máis recentemente, non só houbo cambios na súa nomenclatura, senón tamén intentos de diferenciar especies que se cre que son ou ben patóxenas ou ben comensais ou ambas as cousas. Debido á súa natureza asacarolítica (non consomen azucres), e a escaseza xeral de resultados positivos nas probas bioquímicas rutineiras, a identificación no laboratorio das fusobacterias foi difícil. Porén, a aplicación de novas técnicas de bioloxía molecular á taxonomía permitiron establecer un certo número de especies, e determinar a subspeciación de Fusobacterium necrophorum e F. nucleatum, e proporcionaron novos métodos para a identificación. Recoñeceuse a implicación das fusobacterias nun amplo espectro de infeccións humanas que causan a necrose dos tecidos e septicemia, e, máis recentemente, informouse da súa importancia en infeccións intraamnióticas, partos prematuros e úlceras tropicais.
É moi posible que a taxonomía das fusobacterias siga desenvolvéndose no futuro, con novos cambios.
Filoxenia O cladograma mostra a taxonomía do grupo actualmente aceptada baseada na LSPN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) See the List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Data extracted from See the NCBI webpage on Fusobacteria Data extracted from e a filoxenia está baseada en datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.See the All-Species Living Tree Project . Data extracted from the
Nota: ♠ Liñaxes atopadas no NCBI pero non na LPSN.
Notas
Categoría:Bacterias