Antonio Blanco Porto, nado en Pontevedra o 6 de outubro de 1890 e finado na mesma cidade o 14 de setembro de 1940Necrolóxica en Faro de Vigo, 15-9-1940, p. 2., foi un músico galego.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e fundou con Antón Iglesias Vilarelle a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra da que foi o primeiro director. Asiduo conferenciante e articulista de temas relacionados coa música galega, colaborou en Diario de Pontevedra e El Progreso. Empregou o pseudónimo White Haven. Foi profesor de música do Instituto de Pontevedra e Delegado provincial de Cultura e Arte en 1940.

Aparece como figurante na película Miss Ledyia (1916).

Vida persoal

Casou con Mercedes Freijeiro Veiga e foi pai de Antonio Blanco Freijeiro. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Rúa Blanco Porto

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Profesores de educación secundaria