Magnolia denudata, a magnolia yulan, ou simplemente magnoliaDicionario da RAG ., é unha especie de arboriña caducifolia pertencente á familia das magnoliáceas. O xénero Magnolia púxoo Linneaus en honra a Pierre Magnol, profesor de botánica en Montpellier no século XVII-XVIII. Denudata vén do latín denudatus-a-um= espido, descuberto, quizais polo seu aspecto cando está en floración (sen follas).
Adóitase plantar coma ornamental, polas súas flores primaverais. En Galicia é común en xardinaxe, de feito é a magnolia máis plantada de folla caediza.
Distribución É orixinaria do leste e do centro da China. Foi cultivada en templos chineses budistas dende o 600 a. C. As súas flores téñense evocado coma un símbolo de pureza na Dinastía Tang e foi plantada nos xardíns do palacio do Emperador. É a flor oficial da cidade de Shanghai.
Descrición Arboriña caducifolia moi ramalluda, que apenas acada os 15 m de altura. É un chisco arredondada, moi escamada, de textura grosa. O toro e as pólas son moi vistosas, a casca é magra, e se dana facilmente co impacto mecánico. As follas son ovais, verde brillantes, de 15 cm lonxitude e 8 cm de largo, co baseamento cuñado e o ápice sagaz. Limbo de face superior verde e cara inferior máis pálida e pubescente. As flores de cor branca marfil, de 10–16 cm de diámetro, con 9 tépalos cóncavos, grosos. Aparecen antes que as follas, agomando cedo en toda a primavera, cunha intensa e agradábel fragrancia a limón, tornándose despois marróns, sen on hai xeadas. Froitos erectos, marróns, fusiformes, alongados, de 8–12 cm de lonxitude, as sementes son de cor vermella brillante. É semellante a outras magnolias que moran en solos ricos, húmidos, e protexidas de climas extremos, polo que a adaptación ás condición galegas é moi boa.Este documento es una adaptación de la hoja ST-378, una serie del Departamento de Horticultura Ambiental, Servicio de Extensión Cooperativa de la Florida, Instituto de Alimentos y Ciencias Agrícolas de la Universidad de la Florida. Data de publicación: octubre de 1994.Edward F. Gilman, profesor asociado, Departamento de Horticultura Ambiental, Dennis G. Watson, profesor asociado, Ingeniería Agrícola Departamento de Servicio de Extensión Cooperativa, Instituto de Alimentos y Ciencias Agrícolas de la Universidad de Florida, Gainesville, FL 32611.
Cultivo e usos miniatura| Multiplícase por porbaixas. Atura ben o frío e necesita solos de tipo medio non alcalinos. Cultívase a pleno sol ou a media sombra. Utilízase en xardinaxe illado ou en grupos, destacando a súa floración antes de que aparezan as follas. Para un correcto desenvolvemento das árbores novas aconséllase unha fertilización a finais do inverno ou a comezos da primavera cando comezan a abrollar as follas.
A rega debe ser frecuente nos veráns, especialmente no sur de Galicia, evitando deixar secar completamente o substrato. Necesita gozar de moitas horas de luz solar directa ao día para un bo desenvolvemento, plantar nun lugar abeirado, aínda que atura ben as xeadas.
Sinónimos Magnolia yulan''' Desf. Magnolia precia Loisel. Magnolia conspicua Salisb.Sinónimos en Tela botánica Gwillimia yulan (Desf.) Kostel. Lassonia heptapeta Buc'hoz Magnolia alexandrina Steud. Magnolia citriodora Steud. Magnolia conspicua Salisb. Magnolia conspicua var. purpurascens Rehder & E.H.Wilson Magnolia conspicua var. rosea Veits Magnolia cyathiformis Rinz ex K.Koch Magnolia denudata var. angustitepala T.B.Chao & Z.S.Chun Magnolia heptapeta (Buc'hoz) Dandy Magnolia obovata var. denudata (Desr.) DC. Magnolia precia Corrêa ex Vent. Magnolia purpurea var. denudata (Desr.) Loudon Magnolia spectabilis G.Nicholson Magnolia superba G.Nicholson Magnolia triumphans G.Nicholson Magnolia yulan Desf. Michelia yulan (Desf.) Kostel. Yulania conspicua (Salisb.) Spach Yulania denudata (Desr.) D.L.Fu Yulania pyriformis (T.D.Yang & T.C.Cui) D.L.FuSinónimos en Catalogue of life
Notas =
Véxase tamén
Bibliografía Russell, Tony & Catherine Cutler (Hermes House 2004) Trees, an Illustrated Identifier and Encyclopedia'' Aness Publishing. Outros artigos Magnolio Magnolia Ligazóns externas Fotografías de flores
Categoría:Magnolia Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Asia