Iñaki Azkuna Urreta, nado en Durango (Biscaia) o 14 de febreiro de 1943 e finado o 20 de marzo de 2014, foi un médico político vasco do PNV e alcalde de Bilbao.

Traxectoria Licenciado en Medicina e Cirurxía e doutor cum laude pola Universidade de Salamanca, foi especialista en cardioloxía e radioloxía. Foi profesor de Medicina Física e Radioloxía na Universidade do País Vasco e asistente estranxeiro no Hospital Broussais, da Universidade de París. Desde 1973, traballou como médico adxunto e xefe de sección do Hospital de Cruces de Barakaldo e a partir de 1976, Xefe de Servizo de Radioloxía. En 1981 foi nomeado Director do Hospital de Cruces.

Ao ano seguinte é nomeado Director de Hospitais do Goberno Vasco. De 1983 a 1987 desempeña o cargo de Director Xeral do Servizo Vasco de Saúde (Osakidetza).

En xullo de 1989 é nomeado Secretario xeral da presidencia (lehendakaritza) do Goberno Vasco, desempeñando ditos labores durante dous anos, asumindo en 1991 o cargo de Conselleiro no Departamento de Sanidade do Goberno Vasco, responsabilidade que ocupa até 1999.

Nas eleccións municipais do 13 de xuño de 1999 foi elixido alcalde de Bilbao como cabeza de lista da coalición entre o PNV e Eusko Alkartasuna, grazas aos votos dos concelleiros de Euskal Herritarrok; e posteriormente formaría un pacto de goberno con Iniciativa Ciudadana Vasca, partido liderado polo antigo alcalde de Bilbao José María Gorordo, que fora expulsado do PNV.Una legislatura de gobierno nacionalista en minoría, El País, 19 de xaneiro de 2003. É reelixido para o cargo tras as eleccións municipais de 2003, de novo en coalición con EA, e 2007, xa en solitario, sen obter maioría absoluta en ningunha delas: en 2003 recibe o apoio de Ezker Batua, que se incorporou ao equipo de goberno, e en 2007 da coalición Ezker Batua-Aralar.Tensión del PNV con EA por dejarle sin las alcaldías de Azpeitia y Zumaia, Diario Vasco, 17 de xuño de 2007. Finalmente, nas eleccións municipais de 2011 consegue alcanzar a primeira maioría absoluta (15 concelleiros sobre 29) da historia do PNV en Bilbao, permitíndolle logo gobernar esta lexislatura en solitario e quedando os seus antigos socios de goberno, Ezker Batua, fóra do consistorio.

En setembro de 2011, o concello concedeu a preceptiva licenza de derrubamento do edificio okupado e utilizado como gaztetxe (centro social okupado) de Kukutza III, do barrio de Rekalde.El Colegio de Arquitectos Vasco Navarro elabora un informe sobre Kukutza, El Mundo, 23 de setembro de 2011.Los vecinos prueban que Cabisa no cumplió la ley con permiso municipal , Gara, 23 de setembro de 2011. A policía local de Bilbao colaborou coa Ertzaintza no acordoamento dos arredores para o desaloxo do edificio.El sindicato ELA-Ertzaintza critica su "utilización interesada en el desalojo de Kukutza" , ELA, 23 de setembro de 2011. Os sucesos dexeneraron en enfrontamentos entre policía e manifestantes,Rodolfo Ares: «Kukutza fue un pretexto para arrasar Bilbao», El Correo, 7 de outubro de 2011.Disturbios en Rekalde tras el cierre de un centro juvenil, RTVE, 24 de setembro de 2011.Continúan los disturbios en Rekalde y otras zonas de Bilbao , La Información, 24 de setembro de 2011.Los disturbios por el derribo de Kukutza se trasladan al Ayuntamiento de Bilbao, El País, 23 de setembro de 2011. e supuxeron máis de 810 contedores envorcados, 80 dos cales resultaron calcinados e outros 50 sufriron danos de diversa consideración. Ademais, queimáronse 10 vehículos particulares e foron atacados os batzokis de Rekalde e a zona antiga, así como varios establecementos bancarios e comerciais. Os estragos polos disturbios contra o peche de Kukutza ascenderon a 140.000 euros.Los destrozos por los disturbios contra el cierre de Kukutza ascienden a 140.000 euros , Cadena Ser, 26 de setembro de 2011. Azkuna defendeu a acción policial nestes sucesos, ao igual que o conselleiro de interior Rodolfo Ares, que foi cualificada de desproporcionada polo Ararteko (defensor do pobo) ante o elevado número de partes médicos de lesións, os documentos gráficos e a falta de xustificación da Ertzaintza.La actuación de la Ertzaintza en Kukutza fue desproporcionada , EiTB, 24 de maio de 2011.El Ararteko pone en cuestión el violento desalojo de Kukutza III , Gara, 25 de maio de 2011.

Datos persoais Casado, tivo un fillo.

En 2003 foille diagnosticado cancro de próstata. A pesar da súa enfermidade continuou a carreira política durante máis dunha década. Outros cargos Presidente do Consello de Administración da editorial Iparraguirre S.A. (editora do diario Deia) Presidente da Sociedade interinstitucional para a rexeneración do Bilbao Metropolitano, Bilbao Ría 2000 Gran Cruz da Orde Civil de Sanidade do Ministerio de Sanidade e Consumo de España Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia.Azkuna recibe la condecoración de Oficial de la Legión de Honor de la República Francesa , Deia, 29 de xaneiro de 2011. 2002 - 2005 : Presidente da AIVP, A Rede Mundial de Cidades Portuarias

Publicacións Radioangiografía de las cardiopatías congénitas, 1988. Tratado de Cardiología Pediátrica, Salvat, 1983.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Candidatos ás Eleccións Municipais de maio de 2007 á Alcaldía de Bilbao, 20minutos, 10 de maio de 2007.

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Durango, Biscaia Categoría:Finados en 2014 Categoría:Médicos de España Categoría:Políticos do PNV Categoría:Alcaldes de Bilbao Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Profesores da Universidade do País Vasco Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco