Jerónimo Saavedra Acevedo, nado nas Palmas de Gran Canaria o 3 de xullo de 1936 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 2023, foi un político socialista canario. Foi presidente do goberno das Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993, así como ministro de Administracións Públicas (1993-1995) e ministro de Educación e Ciencia (1995-1996) de España. Entre 2007 e 2011, coa vitoria nos comicios municipais por maioría absoluta, foi alcalde de Las Palmas de Gran Canaria.

Saavedra era doutor en Dereito e diplomado en Administración de Empresas pola Escola de Organización Industrial.

Historia política En 1972 comezou a militar no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión Xeral de Traballadores (UGT). Foi elixido en 1977 Secretario Xeral do Partido Socialista Canario (PSC-PSOE) e entre 1976 e 1983 membro do Comité Executivo da UGT. Foi deputado polo PSOE pola provincia das Palmas nas primeiras Cortes Constituíntes (1977), e volveu ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1979, 1982 e 1989.

Foi Presidente do Goberno das Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993.

Ministro de Administracións públicas (1993-1995) e Ministro de Educación e Ciencia durante a última lexislatura de Felipe González Márquez como presidente do goberno (1995-1996).

Senador en 1996 e de 1999 a 2003.

No ano 2000 revelou que era homosexual no prólogo do libro "Outing en España".

Presentouse á alcaldía de Las Palmas de Gran Canaria nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 polo Partido Socialista Canario (PSC-PSOE), nas que obtivo maioría absoluta. Foi investido alcalde o 16 de xuño de 2007.

Cargos desempeñados

Deputado por Las Palmas no Congreso dos Deputados. (1977-1983) Secretario xeral do PSC-PSOE. (1977-1997) Presidente do Goberno das Canarias (1982-1987; 1991-1993) Deputado por Las Palmas no Parlamento das Canarias. (1983-1993) Ministro de Administracións Públicas. (1993-1995) Ministro de Educación e Ciencia. (1995-1996) Deputado por Las Palmas no Parlamento das Canarias. (1996-1999) Senador designado polo Parlamento das Canarias. (1999-2003) Alcalde de Las Palmas de Gran Canaria. (2007-2011) Portavoz do PSOE no Concello de Las Palmas de Gran Canaria. (2011) Deputado do Común das Canarias (2011- )

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Encontro dixital en elmundo.es

Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Nados en 1936 Categoría:Ministros de España Categoría:Senadores de España Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes das Palmas de Gran Canaria Categoría:Políticos das Canarias Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Presidentes das Canarias Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:LGBT en España Categoría:Finados en 2023