A Primeira Intifada, tamén coñecida simplemente como intifada, foi un levantamento palestino contra a ocupación israelí dos Territorios PalestinosLockman; Beinin (1989), p. 5. que durou dende decembro de 1987 a 1993. O levantamento comezou no campo de refuxiados de Jabalia e estendeuse rapidamente por Gaza, Cisxordania e Xerusalén Leste.The Intifada - An Overview: The First Two Years Collaborators , One Year Al-Aqsa Intifada, Fact Sheets And Figures

Ao comezo, as accións palestinas baseábanse principalmente en actos de desobediencia civil non-violentos e de resistenciaRoberts; Garton Ash (2009), p. 37., o que foi percibido como a primeira vez que o pobo palestino actuaba unido como naciónMcDowall (1989), p. 2.. Non houbo folgas xerais, boicots aos produtos isrelís, negativa a pagar impostos, graffitis nin barricadas, pero as manifestacións palestinas incluían o lanzamento de pedras ás Forzas de Seguridade de Israel.BBC: A History of Conflict

A violencia entre palestinos foi unha característica da Primeira Intifada, con execucións xeneralizadas de presuntos colaboradores israelís. Mentres que as Forzas israelís mataron uns 1100 palestinos, os palestinos mataron uns 165 israelís e uns 1000 palestinos, presuntos colaboradores, aínda que menos da metade tiñan un contacto probado co goberno israelí.Lockman; Beinin (1989), p. 38.

A Segunda Intifada durou dende setembro de 2000 a 2005.

Cronoloxía da Intifada

A ocupación israelí e os disturbios palestinos A incursión de Israel nos territorios ocupados ocasionou actos espontáneos de resistencia, pero a administración, seguindo unha política de "puño de ferro" de castigo colectivo que incluía deportaciones, demolición de fogares, toques de queda, castigos colectivos e a supresión de institucións políticas e educativas, tiña fe en que era cuestión de tempo que a resistencia palestina acabara por esgotarse. A avaliación de que os disturbios ían cesar resultou ser errónea.

O 8 de decembro de 1987, un camión israelí chocou contra unha fila de coches conducidos por civís palestinos que viñan de traballar en Israel, no posto de control de Erez. Catro palestinos, dos cales tres residían no campamento de refuxiados de Yabaliya, o máis grande dos oito campamentos de refuxiados na Franxa de Gaza, resultaron mortos, e outros sete gravemente feridos. Centos de traballadores palestinos que viñan do traballo e ían de camiño aos seus fogares foron testemuñas do incidente. Os funerais, aos que esa mesma noite asistiron 10.000 persoas do campamento, levaron rapidamente a unha grande manifestación. No campamento, houbo rumores de que o incidente foi un acto de represalia intencional polo apuñalamento mortal dun home de negocios israelí, asasinado dous días antes mentres ía de compras en Gaza. Ao día seguinte, 9 de decembro, adolescentes palestinos arroxaron pedras e, segundo as Forzas Israelís, tamén bombas de gasolina, a vehículos militares. Como resposta, os soldados comezaron a disparar, matando a Hatem Al-Sesi, de 17 anos, e ferindo a outros 16.

O 9 de decembro, varios dirixentes palestinos populares e profesionais celebraron unha conferencia de prensa en Xerusalén occidental coa liga Israelí de Dereitos Humanos e Civís en resposta á intensificación do conflito. Durante a reunión, chegaron informes de que se estaban celebrando manifestacións no campamento de Yabaliya e de que un rapaz palestino de 17 anos de idade foi asasinado a tiros por soldados israelís despois de que un grupo de palestinos lanzase bombas de gasolina contra un vehículo israelí. O rapaz sería coñecido máis tarde como o primeiro mártir da Intifada. As protestas estendéronse rapidamente a Cisxordania e o leste de Xerusalén. Os mozos tomaron o control dos barrios, pecharon os campamentos con barricadas feitas con lixo, pedras e pneumáticos en chamas, atopándose con soldados que se esforzaron por rachalas con bombas de gasolina. Os negocios palestinos pecharon as súas portas, e os traballadores negáronse a presentarse ao seu traballo en Israel. Israel definiu estas actividades como "disturbios" e mantivo que a represión era necesaria para restaurar "a lei e a orde". En cuestión de días, veuse nos territorios ocupados unha onda de manifestacións e folgas comerciais a unha escala sen precedentes. Os obxectivos dos ataques eran elementos concretos da ocupación: vehículos militares, autobuses israelís e bancos israelís. Das ducias de asentamentos israelís, ningún foi atacado, e o lanzamento de pedras contra automóbiles neste período inicial do brote non causou mortes israelís. Igualmente sen precedentes foi o número de participantes neses disturbios: decenas de miles de civís, incluídos mulleres e nenos. As forzas israelís utilizaron diversas medidas represivas para tratar de apagar os disturbios: bastóns nocturnos, gas lacrimóxeno, canóns de auga, balas de goma e munición real. Pero os disturbios só cobraron máis impulso.

Xeneralizouse axiña o lanzamento de pedras, o bloqueo de estradas e a queima de pneumáticos en todos os territorios. O 12 de decembro, 6 palestinos foron asasinados por Israel, e 30 resultaron feridos. Ao día seguinte, os manifestantes lanzaron unha bomba de gasolina contra o consulado de Estados Unidos en Xerusalén Este, aínda que non houbo feridos. A resposta policial e militar israelí provocou varios mortos e feridos. As Forzas Israelís mataron a moitos palestinos ao comezo da Intifada, a meirande parte durante manifestacións e disturbios. Dado que inicialmente moitos dos mortos foron civís e nenos, Yitzhak Rabin adoptou unha política de repregamento de "poder e malleiras". Israel levou a cabo detencións masivas de palestinos e practicou castigos colectivos como o peche das universidades e das escolas cisxordanas durante case todos os anos da Intifada. A Universidade de Hebrón foi forzosamente pechada por Israel de xaneiro de 1988 a xuño de 1991. Os funcionarios locais impuxeron toques de queda de varios días polo menos 400 veces durante o primeiro ano, e os toques de queda da noite á mañá foron aínda máis frecuentes. Cortouse o suministro da auga, a electricidade e o combustible ás comunidades palestinas. Debido a represión israelí, milleiros de palestinos pasaron o conflito confinados nos seus fogares. A cifra chegou ata 25.000. Arrincáronse árbores das granxas palestinas e impediuse a venda de produtos agrícolas. No primeiro ano, máis de 1.000 fogares palestinos foron demolidos ou bloqueados. Os colonos tamén cometeron ataques contra os palestinos de xeito individual. As negativas palestinas a pagar impostos causaron confiscacións de propiedades e licenzas, novos impostos sobre os automóbiles e multas elevadas para calquera familia cuxos membros foran identificados como manifestantes da Intifada.

Asasinatos do Monte do Templo de 1990 O 8 de outubro de 1990, 22 palestinos foron asasinados pola policía israelí durante as matanzas do Monte do Templo de 1990 en al-Aqsa. Isto foi seguido por un aumento dos ataques palestinos, con tres civís israelís e un soldado das FDI apuñalados en Xerusalén e Gaza dúas semanas despois. Persistiron os apuñalamentos. O aparello estatal israelí levou a cabo políticas contraditorias e conflitivas que resultaron perxudiciais para os propios intereses de Israel, como o peche de establecementos educativos (cousa que puxo a máis rapaces nas rúas) e a publicación da lista de colaboradores de Shin Bet. Os atentados suicidas de militantes palestinos comezaron o 16 de abril de 1993 co atentado do cruzamento de Mehola, levado a cabo a finais da Intifada.

Asasinato de Abu Xihad O 16 de abril de 1988, un xefe da OLP, Khalil al-Wazir, foi asasinado por un comando israelí en Tunes. Israel afirmou que era ' o "organizador principal" en control remoto da revolta', e talvez cría que a súa morte descabezaría a Intifada. Durante as manifestacións masivas en Gaza e coas bandeiras aínda a media asta, dúas das principais mesquitas de Gaza foron asaltadas polas forzas israelís e os fieis foron golpeados e atacados con gas lacrimóxeno. En total, entre 11 e 15 palestinos foron asasinados durante os disturbios en Gaza e Cisxordania que seguiron á morte de al-Wazir. En xuño dese ano, a liga Árabe acordou apoiar financieramente á Intifada no seu cume de 1988. A liga Árabe reiterou o seu apoio financeiro no cume de 1989.

A resposta de Yitshak Rabin, o ministro de Defensa israelí, foi: "Ensinarémoslles que hai un prezo por rexeitar as leis de Israel" Ao decatarse de que o tempo na cadea non detivo aos activistas, Israel esmagou o boicot impondo multas moi elevadas e confiscando equipamento, mobles e bens de tendas, fábricas e fogares locais.

Notas

Categoría:Palestina Categoría:Conflito árabe-israelí