José Antonio Boedo Núñez, nado en Oleiros en 1911 e finado na Coruña o 11 de setembro de 1937, foi un sindicalista galego.

Traxectoria Fillo de José Boedo López. Albanel, foi directivo do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT e da súa Sección de Albañiles. Participou na tentativa de fuga do Portiño en marzo de 1937, sendo detido polos falanxistas pouco despois. Xulgado e condenado a pena de morte, foi fusilado na Coruña o 11 de setembro de 1937.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Pucho Boedo (irmán)

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados