Graciano Leivas Freire, nado en Mondoñedo en 1909 e finado en 1991, foi un mecánico e político galego.

Traxectoria Fillo de Graciano Leivas Gallego, fundador dos Talleres Leivas. Militante socialista, na República foi tesoureiro da Agrupación Socialista de Mondoñedo (1932) e en 1936 secretario da mesma, que presidía Luís Trigo Chao. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Mondoñedo o 8 de agosto. Permaneceu no cárcere de Mondoñedo até o 3 de setembro de 1937, cando foi trasladado á Coruña. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Francisco García Martínez, Alfredo Martínez Martínez, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria, foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña, de onde saíu en liberdade condicional en setembro de 1941.BOE, 20-9-1941, p. 7252

Nos anos corenta participou no intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña con Manuel Cobas Rodríguez, Luis Fernández del Valle, José Mateo Mariñas Ferrero, Antonio Vidal Vilas e outros. Foi detido con Manuel Cobas o 25 de xullo de 1945 acusado de actividades clandestinas de tipo socialista.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Ficha en Censo de represaliados da UGT

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1909

Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes