Joaquín Ares Díaz, nado en Guillade (Mondoñedo) en 1880 e finado no mesmo concello en 1961, foi un artesán e sindicalista galego.

Traxectoria Foi aprendiz de ebanistaría en Mondoñedo. Trasladouse a Barcelona, onde asistiu a clases nocturnas na Escola de Artes. Regresou a Mondoñedo en 1909 establecendo un taller en Guillade. Na República foi fundador e primeiro presidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo, e tamén fundou o grupo da Unión General de Trabajadores del Campo dependente da anterior e a Sociedad de Seguro del Ganado que loitou pola industrialización e modernización das infraestruturas do sector agropecuario mindoniense. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi expedientado por responsabilidades políticas.

Véxase tamén Ligazóns externas "En recuerdo a los artesanos de Mondoñedo" in Mondoñedo "Os heroes da Cadeira: Unha resposta interior ó exilio" in Actas do Congreso Internacional “O exilio galego” Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Ebanistas