Arximiro Bautista Villar González, nado en Cee o 21 de marzo de 1965, é un escritor galego.

Traxectoria Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Foi membro do Batallón Literario da Costa da Morte, do Consello Editorial da Colección Ablativo Absoluto de Edicións Xerais de Galicia e do Comité de Redacción da revista Dorna. Entre 1990 e 1998 tamén foi un dos impulsores da editora Edicións do Dragón.

Ten colaborado en A Nosa Terra, Luzes de Galiza, Estudos Migratorios e nos suplementos Revista das Letras de El Correo Gallego e Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia.

Obra Poesía Ausencias pretéritas (Espiral Maior, 1992). 42 décimas de febre (Toxosoutos, 1994). Abecedario da desolación (Espiral Maior, 1997). Equinoccio de primavera (Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1998). Gameleiros (Xerais, 2002). As crebas (Espiral Maior, 2011). Breizh (Toxosoutos, 2012).

Literatura infanto-xuvenil Carlota, a marmota (Xerais, 2000) (literatura infantil e xuvenil). Carlota e a bota perdida (Xerais, 2003). Carlota e a gaivota patiamarela (Xerais, 2006). O nariz de Fiz (2009). A cobiza do verme Noel (Galaxia, 2011). Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012). A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013).

Ensaio Antón Zapata García. Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República (Laiovento, 2009). Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano (Xerais, 2022).

Edicións Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 1995). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (Galaxia, 1997). Unha lectura de O soño sulagado, de Celso Emilio Ferreiro (Xerais, 1998). Orballo da medianoite, de Roberto Blanco Torres (Xerais, 1998). A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (Ediciós do Castro, 1998). Indo para máis perto. A señardade no puño, de Alexandre Cribeiro (Xerais, 2004). A roseira da soidade, de Antón Zapata García (Xerais, 2005). Poesía galega completa e textos en prosa, de Emilio Álvarez Blázquez (Xerais, 2005). Ser auga, darse en auga. Antoloxía poética de Bernardino Graña (2010). Bretemada, de Gonzalo López Abente (Alvarellos, 2011). Obra poética completa, de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 2013).

Traducións Poemas de Bernardino Graña en Poesía gallega contemporánea (Litoral, 1996). As pegadas de Santiago na cultura de Fisterra, de Benjamín Trillo Trillo (Fundación Caixa Galicia, 1999). Calafrío, de Jorge Justo Padrón (Xerais, 2000).

Obras colectivas Premios Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (Ediciós do Castro, 1987). Premios Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (Ediciós do Castro, 1988). O mar de adentro (Edicións do Dragón, 1990). Homenaxe a Miguel González Garcés (Deputación da Coruña, 1991). A rota dos baleeiros (Edicións do Dragón, 1991). Diccionario de Literatura Galega. Publicacións periódicas (Galaxia, 1997). Nós. Batallón Literario da Costa da Morte (Concello de Corcubión, 1997). Para saír do século (Xerais, 1997). Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso, 1997). Alguén agarda que volva alí (1998). Mar por medio (Concello de Corcubión, 1998). Textos e documentos para o congreso sobre García Lorca (Universidade de Santiago de Compostela, 1998]]. Con Xesús Alonso Montero. Río de son e vento (Xerais, 1999). dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999). Diccionario da literatura galega. III. Obras (Galaxia, 2000). 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, 2001). Ourense, craro río, verde val (Concello de Ourense, 2001). A tribo das baleas (Xerais, 2001). Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003). Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003). Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003). Son de poesía (Edições Fluviais, Lisboa, 2005). Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (CCG, 1999). Con Xesús Alonso Montero. Noel, o verme rico da verea, en Contos de vermes, libros, princesas e parrulos (Xunta de Galicia, 2006). Poetas e Narradores nas súas voces. II (Consello da Cultura Galega, 2006). Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006). A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008). De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009). Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009). Tamén navegar (Toxosoutos, 2011). Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011). VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (Deputación da Coruña, 2012). A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012). Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (Toxosoutos, 2013). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.

Premios Premio de relato curto Modesto R. Figueiredo do Padroádego Pedrón de Ouro en 1985, por Augas de silencio. Premio de relato curto Modesto R. Figueiredo do Padroádego Pedrón de Ouro en 1987, por Verbas cruzadas con Amaranta. Accésit do Premio Esquío de poesía en 1997, por Equinoccio de primavera. Premio Tívoli-Europa en 1998, por Abecedario da desolación. Finalista do Premio Tívoli-Europa en 1999, por Equinoccio de primavera. Premio de poesía Concello de Carral en 2010, por As crebas. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega ao mellor blog literario no 2012: As crebas. Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro infantil e xuvenil de 2013, por A pantasma da casa da Matanza.

Notas

Véxase tamén Notas para a lectura de Miro os meus dedos orfos de Miro Villar. Crebas.gal Bitácora do autor. Perfil en As escollas electivas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cee Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Nados en 1965