Eduardo Moreiras Collazo, nado en Quiroga o 3 de xaneiro de 1914 e finado en Vigo o 28 de abril de 1991, foi un escritor galego.

Traxectoria Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e viviu en Vigo. Foi fundador e director da revista Mensajes de Poesía entre 1948 e 1950. Traduciu ao castelán os poemas de Paul Éluard e de Elena Bono. A partir de 1955 escribiu só en galego.

Ingresou na Real Academia Galega o 28 de xaneiro de 1978, a proposta de Francisco Fernández del Riego, Álvaro Cunqueiro e Marino Dónega, co discurso Poesía: Coñecimento da realidade, respondido por Fernández del Riego.

Vida persoal Estivo casado trinta e dous anos con Olga Barreiro, con quen tivo tres fillos: Eduardo, Olga e Margarita Moreiras Barreiro. En 1982 casou en segundas nupcias coa poetisa Luz Pozo Garza.

Obra en galego Poesía A realidade esencial, 1955, Aturuxo, Ferrol. Paisaxe en rocha viva, 1958, Galaxia. Os nobres carreiros, 1970, Galaxia. O libro dos mortos, 1979, Ediciós do Castro.

Ensaio Follas de vagar. Xornal (1969-1970), 1972, Galaxia. Reeditado en 2009 en A Nosa Terra.

Narrativa Primaveira no Lor, 1974, Galaxia. Fogo solto, 1976, Ediciós do Castro.

Edición Poesía, de Manoel Antonio, 1979, Real Academia Galega.

Obras colectivas Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro.

Premios Premio da Crítica de poesía galega no 1979, por O libro dos mortos.

Obra en castelán Poesía El bosque encantado, 1947, Vigo. Éxtasis, 1948, Vigo. Los oficios, 1952, Mensajes de Poesía, Vigo.

Tradución Diez poemas, de Paul Éluard, 1955, Laurel, Buenos Aires.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Quiroga Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá