1989 (MCMLXXXIX) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano. No horóscopo chinés foi o Ano da Serpe.
Acontecementos
1 de xaneiro - Entra en vigor o Protocolo de Montreal, ratificado por 29 países e a CE, para protexer a capa de ozono. 1 de xaneiro - Israel deporta 15 palestinos dos territorios ocupados cara ao sur do Líbano acusados de participar na revolta palestina. 20 de xaneiro - Toma de posesión de George Herbert Walker Bush como 41º presidente dos Estados Unidos. 4 de xuño - República Popular da China, masacre na praza de Tiananmen, en Pequín. 9 de novembro - A República Democrática Alemá (RDA) decide a apertura das súas fronteiras a Occidente. Cae o muro de Berlín. 25 de novembro - Estréase o filme Sempre Xonxa, fito da cinematografía en galego. 17 de decembro - Nas eleccións autonómicas, o Partido Popular de Galicia consegue a maioría absoluta, e o seu candidato Manuel Fraga Iribarne convértese en presidente da Xunta de Galicia, cargo que desempeñaría durante 16 anos.
Nacementos 3 de xaneiro - Alex D. Linz, actor estadounidense. 4 de xaneiro - Julius Yego, deportista olímpico kenyano. 12 de decembro - Lara Rodríguez Peña, filóloga e política galega. 13 de decembro - Taylor Swift, cantante e actriz estadounidense. 14 de decembro - Andrea Porto Mato, poeta galega. 22 de decembro - Jordin Sparks, cantante estadounidense.
Mortes 7 de xaneiro - Hirohito, emperador do Xapón. 23 de xaneiro - Salvador Dalí, pintor español (n.1904) 12 de febreiro - Thomas Bernhard, escritor austríaco. 27 de febreiro - Konrad Lorenz, naturalista austríaco. 9 de marzo - Robert Mapplethorpe, fotógrafo estadounidense. 15 de marzo - George Bancroft Abbe, poeta e novelista estadounidense. 25 de marzo - Francisco Pillado Rivadulla, xornalista galego (n. 1918). 22 de abril - Emilio Gino Segrè, físico italiano, Premio Nobel de Física (n. 1905). 26 de abril - Lucille Ball, actriz estadounidense (n.1911). 30 de abril - Bangja, foi unha princesa xaponesa, casada co xefe da casa real de Corea, Lee Eun.(n. 1901) 20 de maio - John Richard Hicks, economista británico, Premio Nobel de Economía. 3 de xuño - Aiatolá Khomeini, líder espiritual do Irán (n.1900). 27 de xuño - Alfred Jules Ayer, filósofo británico. 16 de xullo - Herbert von Karajan, director de orquestra austríaco. 16 de xullo - Nicolás Guillén, poeta cubano. 19 de xullo - Xaquín Lorenzo, etnógrafo (n. 1907). 4 de setembro - Georges Simenon, escritor belga. 8 de setembro - Manuel Iglesias Corral, avogado e político galego. 12 de setembro - Ramón Martínez López, filólogo e político galego. 28 de setembro - Ferdinand Marcos, ditador filipino (n. 1917). 6 de outubro - Bette Davis, actriz estadounidense (n. 1908). 31 de outubro - Enriqueta Otero, mestra e guerrilleira antifranquista galega. 20 de novembro - Leonardo Sciascia, escritor italiano. 25 de novembro - Birago Diop, escritor senegalés (n. 1906). 27 de novembro - Carlos Arias Navarro, político español, presidente do Goberno de España. 9 de decembro - Dolores Ibárruri «la Pasionaria», dirixente do Partido Comunista de España. 12 de decembro - Miguel González Garcés, poeta galego. 14 de decembro - Andrei Sakharov, físico e activista político soviético, Premio Nobel da Paz (recusou) (n.1921). 22 de decembro - Samuel Beckett, escritor irlandés, premio Nobel de Literatura en 1969 (n. 1906). 22 de decembro - Andrés do Barro, músico galego (n. 1947). 25 de decembro - Nicolae Ceauşescu, líder da Romanía comunista (n.1918). 28 de decembro - María Araujo Martínez, sindicalista, guerrilleira e política galega (n. 1904).
Premios Nobel Física: Norman F. Ramsey, Hans G. Dehmelt e Wolfgang Paul Química: Sidney Altman e Thomas R. Cech Fisioloxía ou Medicina: J. Michael Bishop e Harold E. Varmus Literatura: Camilo José Cela Paz: 14º Dalai Lama Economía: Trygve Haavelmo
Día das Letras Galegas dedicado a: Celso Emilio Ferreiro
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1989